SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 48
Descargar para leer sin conexión
1
EDITORIAL
Na edición deste ano de
Parlamentoxove, unha competición
de debate de centros de secundaria,
presentábase como cuestión de
discusión o papel determinante ou
non do profesorado no futuro dos
alumnos e alumnas. Á marxe das
habilidades oratorias de cadaquén, os
argumentos máis convincentes asentaban que o contexto social do grupo e
sociofamiliar do alumnado condicionaban en maior medida as expectativas
ca o mestre.
Que papel lle queda daquela ao docente?. Resignarse xa que non pode
reverter esa determinación do ambiente sociofamiliar?. Acomodarse ao rol
complementario que lle atribúe a súa incidencia? Nin de c…
O estigma que arrastramos os individuos condiciona, pero non anula todas
as posibilidades que se abren nas diferentes etapas vitais. Na escolar, os
mestres son a ventá a esa oportunidade de mellora, os guías, os modelos
éticos e profesionais. Cando alimenta a confianza nun rapaz; cando
potencia mesmo as súas escasas habilidades; cando respecta, atende, coñece
e pesa as circunstancias que arrastra cada neno ata a aula; cando considera
a todas e cada un; cando responde ao papel profesional, está modelando
en positivo. Esa función é imprescindible e gratificante ao máximo. No mes
de maio púxose a proba o valor uniformador das reválidas. Esas portas
intermedias que cren que a clasificación numérica é a mais acaída para
organizar a valía académica, e social, do alumnado. Ese exame non
considera, non atende, non confía, non coñece ningunha causa que
xustifique a evolución de cada alumna ou alumno. Non haxa dúbida, vai
servir para confirmar o seu rol , vai abrir a laña, a cicatriz social que xa
está gravada na personalidade dos menos favorecidos. Aí entra o mestre.
Cunha pequena porcentaxe de apoio que consiga inxectar, vai provocar un
salto de chanzo, unha sutura na ferida social dos individuos marcados.
As administracións de cando en vez crean normas para adular a quen xa
ten o vento a favor, eses non precisan case de mestres, van sós; os exames
externos confirmarán o éxito académico e social. O profesorado axudou nesa
meta, pero o seu significado transcendente adquíreo cando foi esteo do
marcado, do desafiuzado social.
AGRADECEMENTOS E DESPEDIDA
DO PROFESORADO
O equipo directivo despois de tan-
tos cursos compartidos quere ma-
nifestar o agradecemento aos se-
guintes compañeiros:
Manoli Vilar, abandona esta etapa
para iniciar unha nova na que lle
desexamos moita felicidade. Bota-
remos de menos sobre todo, os
seus deseños de disfraces....
Marisa Areal, Carmen Soto, Jorge
Gutierrez e Xoan Barrio trasladan o
seu destino a outro centro no que
atoparán novos proxectos, traba-
llos que sen dúbida lles enriquece-
rán. Desexámoslles unha boa e no-
va etapa educativa.
Aos profesores que estiveron provi-
sionais, Natalia Dopazo, Alberto
Conejo, Olalla Ochoa, Tania Gara-
boa, Lili Martínez e Begoña Rego
que seguen pendentes do novo
destino e tamén desexámoslle moi-
ta sorte na súa andaina.
Ao alumnado de 4º de ESO que fi-
nalizan esta etapa educativa para
seguir cos seus estudos noutros
centros. Seguide estudando, non
abandoedes a idea de facer da vosa
vida algo extraordinario; non per-
dades o ánimo que todo o traballo
realizado terá a súa recompensa.
Equipo Directivo
REVISTA ESCOLAR XUÑO 2016 Nº 5
Edita:
Equipo de Dinamización LingüísticaXoán Barrio
Profesor de galego
ALBARES
CPI “Conde de fenosa”. ares
2
MATEMÁTICAS NA RAIA 2016
Un curso máis, AGAPEMA (Asociación Galega de
Profesores de Educación Matemática) e a APM
(Asociación do Profesorado de Matemáticas de Por-
tugal) convocaron unha nova edición da actividade
“Matemáticas na Raia” que se desenvolve en Galicia
e no norte de Portugal e que por segundo ano conta
coa participación do noso alumnado.
Nesta edición foron os alumnos de 3º ESO de Mate-
máticas Académicas os que, na tarde do 14 de
abril, se enfrontaron aos cinco problemas propostos
de forma colaborativa como grupo-clase.
Moitas grazas aos alumnos e aos profesores pola
ilusión e ganas de formar parte desta experiencia¡¡
Actividades do departamento de matemáticas
XVIII OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA DE 2º DA ESO
Co fin de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través
da resolución de problemas, AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de
Educación Matemática) organizou unha nova edición da Olimpíada Matemá-
tica Galega para o alumnado de 2º da ESO.
Un ano máis o noso centro tomou parte nesta actividade coa parti-
cipación de catro alumnos:
- Icía Bermúdez Fornos, de 2ºA
- Álvaro Freire Ares, de 2º A
- Mario Martínez Vilariño, de 2ºB
- Verónica Rodríguez Martínez, de 2ºB
A fase local tivo lugar o día 21 de abril no IES Carballo Calero (Ferrol) e
desta fase saíu seleccionada para a proba zonal da Olimpiada Verónica Ro-
dríguez Martínez. Moitas grazas aos alumnos e as súas familias por animarse
a formar parte desta actividade, e tamén grazas ao IES Carballo Calero por
tratarnos tan ben e por encargarse da organización da fase local.
GAÑADORES NA “V SEMANA PROBLEMÁTICA”
Celebrouse no centro a V Semana Problemática. Foron cinco xornadas nas que os alumnos/as de secudaria
participaron resolvendo problemas. Os gañadores foron:
Laura García Vila Anxo Garrote Elena Martínez Icía Bermúdez
REFLEXIÓNS SOBRE O CAMBIO DO NOME DO NOSO CENTRO
Quién pretenda una felicidad y sabiduría constantes, deberá acomodarse a frecuentes cambios. (Confucio)
Como xurdiu a idea?
Entre os meses de abril e maio de 2014 nunha conversa coa profesora de Ed. Plástica e Visual, Marisa
Areal Vila, comenteille se sería posible facer un concurso de LOGOTIPO para ter un membrete do centro
diferente, actualizado e vistoso. Nesa conversa informal, esta profesora (que xustamente cando se vai reali-
zar este proceso nos abandona!!!) comunícame que para facer un LOGOTIPO, o nome ten que inspirarte e
o “Conde de Fenosa” non inspira moito, non?. Entón é cando xorde a idea do cambio de nome.
O día 28 de maio na reunión do equipo directivo, comento esta posibilidade de levar ao claustro o cambio
do nome do centro e eles son partícipes da idea.
Coméntoo coa Inspectora -nese momento do noso centro- (Elena Urtiaga) para ver como podemos solici-
tar ese cambio e indícame que se están o Claustro e o Consello Escolar de acordo así como o Concello, en-
víase a certificación desa aprobación á Inspección que o remitirá cun informe favorable á Xefatura Territo-
rial e á Consellería, que é quen de aprobalo definitivamente e non poñería ningún problema.
A proposta levámola ao Claustro de profesorado co acordo do 99%.
Entramos na voráxine fin de curso e Daniel Cabal, o noso profesor de Tecnoloxía, que escoitou a conversa e
que está a favor do cambio do nome e do membrete, sendo un dos impulsores do mesmo, ponse mans á
obra, algo que lle agradecemos. Así comeza ese cambio de membrete, aínda sen realizar o proceso do cam-
bio do nome do centro.
Membrete antigo
Membrete actual, máis estético e moderno
No curso anterior, estivemos inmersos en numerosos proxec-
tos, PFPP e deixamos de lado ese cambio de nome.
Chegado este curso, ante unha nova Directiva da ANPA, e
debido a unhas reunións do equipo directivo con eles para
organizar actividades extraescolares e outras cuestións en
colaboración con eles, coméntannos a posibilidade de ofertar
ás familias un uniforme polo que sería importante que hoube-
se un logotipo do cole!!! Aí foi cando o equipo directivo recor-
dou a posibilidade de levar a cabo o proxecto do cambio do
nome do centro.
3
Como se levou a cabo o proceso?
Xorde así unha reunión coa coordinadora do equipo de dinamización, Yoli, para ver como podemos por fin
levalo a cabo e estableceuse un pequeno proxecto:
 Constituímos unha comisión formada polo equipo directivo, a coordinadora de EDL e a coordi-
nadora de actividades extraescolares.
 Aprobamos as bases que regularían o proceso.
 Realizaríamos un período para que toda a Comunidade Educativa: alumnado, profesorado, fa-
milias achegasen as súas ideas xustificadas para o novo nome.
 A comisión reuniuse para elixir 3 nomes os máis e mellor xustificados.
 Realizouse unha votación na que participou a maioría do alumnado, profesorado e familias do
centro.
 Unha vez feito o reconto aprobouse o novo nome “AS MIRANDAS” co levantamento das actas.
 Informamos e solicitamos a aprobación do Claustro e do Consello Escolar.
 Solicitamos ao Concello a súa aprobación.
 Enviamos toda a documentación á Inspección Educativa, recibindo a comunicación favorable do
inspector.
 No DOG do 19 de maio de 2016 publicouse a autorización do cambio de nome do CPI “Conde
de Fenosa” por CPI ”As Mirandas”
Este proceso é colaborativo e o obxectivo final é progresar contando co cambio do nome como o elemento
motivador.
4
Concurso logotipo do centro
A ANPA contando coa colaboración do equipo directivo e profesorado do centro, convoca un concurso para
elixir o logotipo co novo nome. Neste concurso participou activamente o alumnado do centro aos que agra-
dezo os seus traballos e a colaboración que sempre manifestan.
O día 20 de maio un xurado elixe os 3 logotipos máis identificativos dos que sairá elixido o gañador.
O día 25 de maio convócase a toda a comunidade educativa a unha nova votación na que se obteñen os
seguintes resultados:
1º CLASIFICADO, CON 294 VOTOS : MARTIN FERNANDEZ HERMIDA ( 6º PRIMARIA )
2º CLASIFICADA, CON 101 VOTOS: ROCIO ANCA GUERRERO ( 3º ESO )
3º CLASIFICADA, CON 48 VOTOS : ANA MARTINEZ FERNANDEZ ( 4º ESO )
2 VOTOS EN BRANCO
Agradezo á colaboración neste proceso ao equipo directivo,
profesorado, alumnado e a ANPA moi implicados en todo momento.
Manifesto uns agradecementos especiais:
 á profesora, Marisa Areal, que foi a impulsora deste cambio.
 a alumna, Ana Martínez, que ilustra, dinamiza e achega novas ideas á vida do noso centro
cos seus traballos (ambas as dúas abandóannos precisamente por un novo cambio de centro).
Deséxolles un bo comezo nesa nova etapa e un bo progreso.
 Ao alumno Martín Fernández Hermida, de 6º de Primaria, pola xustificación e logotipo que a
partires de agora será o distintivo do noso centro.
 así como ao profesor, Daniel Cabal, polo deseño dos membretes do centro.
Blanca Cortizas Gómez (Directora)
LOGOTIPO
GAÑADOR
LOGOTIPO 1
LOGOTIPO 2
5
Como ben sabedes levamos varios anos traballando o audiovisual no noso cole. Comezamos facendo peque-
nos vídeos e presentacións sobre as distintas actividades que se ían realizando no noso centro. Grazas a
varios cursos de formación sobre fotografía e imaxe que levamos a cabo no centro (PFPP) aprendemos a
utilizar diferentes editores de vídeo, diversas técnicas de montaxe, o uso do chroma key, etc. Todo iso
serviunos para utilizar o recurso audiovisual nas nosas aulas e... este curso superámonos!!!. Practicamente
todos os proxectos que realizamos nos diferentes niveis tiveron como produto final un vídeo educativo. As
potencialidades que iso nos ofrece repercuten na creación de novas contornas, tipos e facilidades para a
aprendizaxe; aspectos que van desde a modificación da interacción comunicativa unidireccional entre
profesor alumno, ata a reforma física-espacial-temporal dos escenarios de aprendizaxe sen esquecer as
posibilidades que poden ofrecer para o autoaprendizaje e aprendizaxe cooperativa entre os alumnos/as de
diferentes contextos físicos e culturais. A práctica de facer vídeos educativos percibímola xa non como
meros transmisores de información, senón que recoñecemos as posibilidades que teñen como elementos de
expresión e aprendizaxe.
Traballar o audiovisual cos nenos e nenas, mozos e mozas de diversas ida-
des é emocionante. O resultado, impresionante. Desde producións tes-
moitalingua achegamos o noso centro ao mundo co lipdub Vila Soñares,
homenaxeamos aos nosos autores galegos co documental “Obras cheas de
galicia”, percorremos as distintas etapas da historia cos proxectos da ida-
de media, os romanos, os celtas, os gregos, os exipcios, os astronautas,
achegamos a lingua de signos á comunidade e máis aló do noso cole coa curta Abraio, chegamos en dúas
ocasións á final do Festival Audiovisual Olloboi e..... seguiremos!!!. Desde a nosa pequena e humilde produ-
tora “tesmoitalingua” parabéns por todos os traballos e vídeos que fixestes, sobre todo este curso, no que
as vosas dotes artísticas sobresaíron máis que nunca.
Para o ano... máis e mellor!!!!
Con o actor Miguel de Lira na final Olloboi
6
Este ano o Primeiro Curso e Segundo Curso de primaria decidimos levar a cabo un proxecto de aula, que
leva por título “Quen fomos, quen somos e quen seremos”. Nel investigamos sobre a orixe dos Dinosaurios, a
súa extinción, o nacemento e evolución dos homínidos, o Paleolítico, o Neolítico, as primeiras Civilizacións:
Os Exipcios, Celtas, Gregos e Romanos. Quedamos nos Musulmáns e, para o próximo curso, seguiremos coas
etapas da Idade media o Renacemento…
Gozamos un montón facendo, investigando, sentindo, creando, vendo, tocando, compartindo, en definitiva
aprendendo unha morea de cousas.
Nas seguintes imaxes podedes ver algunhas das moitas cousas que fixemos na clase: pintamos pedras como
no neolítico, fixemos colares, pegadas de dinosaurio, murais...
Magosto
Tamén para o Magosto fixemos unhas coroas e saquiños coa temática dos homes primitivos e Dinosaurios.
7
Samaín
Para o samaín, e seguindo co proxecto, fixemos cabazas coa temática dos Dinosaurios e Homes prehistóricos.
Quedaron preciosas.
Entroido
E tomando este proxecto como eixo conductor, este ano fomos
todo o cole disfrazados dunha civilización. A nós os de 1º, to-
counos ir de Celtas. Fixemos os disfraces, os escudos e espadas
con cartóns, con trisqueles, e ata viñeron Druídas e Bardos.
Ademais levamos unha casa castrexa que fixemos na clase. Pero
tamén o resto dos cursos desfilaron polas rúas da nosa vila ves-
tidos de cabaleiros, romanos, exipcios, piratas, astronautas…
Todo un desfile histórico cheo de cor e ledicia.
E para rematar ao final da xornada, merendola!!!!!!.
Que ben o pasamos!!!!!!
8
9
10
Co motivo de defender e protexer o estudo da arte e da música nos centros
e de concienciarnos da importancia da reciclaxe, as alumnas e alumnos de
2º ESO, na clase de educación para a cidadanía, fixemos instrumentos mu-
sicais a partir de materiais de refugallo, para participar na segunda edición
de mail-art que se celebra no noso colexio, e que este ano ten o lema Arte
SOS.
Comezamos na clase de música, vendo un vídeo da orquestra de Cateura,
formada por mozos e mozas dun barrio humilde en Paraguai, que fan mú-
sica con instrumentos reciclados. A partir do vídeo collemos ideas, dividi-
mos a clase en grupos e, coa axuda de internet, comezamos a traballar ca-
da grupo un instrumento: pandeireta, violín, bongós….
En primeiro lugar elaboramos unha ficha de cada instrumento dicindo nela os materiais necesarios
e as instrucións para fabricalo.
Despois, entre os membros do grupo, conseguimos os materiais e, nas clases de cidadanía con Te-
resa e coa colaboración de Daniel o profesor de tecnoloxía, que nos axudou e nos deixou o taller,
fomos dando forma aos nosos proxectos.
Finalmente, decoramos os instrumentos e puxémoslles a cada un unha frase do que queríamos
transmitir co noso traballo.
Ademais tivemos a oportunidade de gozar dun obradoiro a cargo dun músico profesional que nos
ensinou a facer verdadeira música cos instrumentos reciclados.
Verónica Rodríguez Martínez. 2º ESO B
11
12
Este ano seguimos coas nosas actividades solidarias, entre as que desta-
can a V Carreira Quilómetros de Solidariedade e a Operación Quilo.
Aínda que o tempo non nos acompañou, os de secundaria, fieis ao seu
compromiso, saíron á rúa coa ilusión de sempre, e os de infantil e pri-
maria realizaron as súas carreiras no pabillón. Todo un esforzo de soli-
dariedade a dos nosos alumnos/as que conseguiron recadar nada menos
que 1030€ para os programas de desenvolvemento e emerxencia que a
ONG Save the Children leva a termo para combater a desnutrición in-
fantil nos países máis empobrecidos.
Tamén subliñar que recollemos preto de 400 quilos de alimentos que foron repartidos entre Cáritas de Ares
e a Cociña Económica de Ferrol. Grazas a tod@s pola vosa solidariedade e por suposto á nosa atleta Paula
Mayobre que sempre está disposta a acompañarnos nas nosas iniciativas solidarias.
Polo equipo de redacción de 4º PDC
Na Serra da Loba aparecen entre as mámoas megalí-
ticas uns edificios que aparentemente son como cal-
quera outro. Non obstante, se ficamos un anaco máis
aló comprobamos que estamos en Sotavento, un dos
poucos lugares onde podemos aprender máis dos re-
cursos renovables e a eficiencia enerxética. Recomen-
damos a visita á casa bioclimática, aos aeroxeradores
e á reprodución da mámoa que se atopa no exterior,
así como contratar unha visita guiada co persoal da
estación.
A casa bioclimática atopase enriba dunha montaña
que escavaron de Leste-Oeste. Tamén puxéronlle ma-
togueiras para facer de parapeto. Ademais a casa
iluminase grazas as placas fotovoltaicas que almace-
nan a luz do sol. Así mesmo é unha casa bioclimática
porque serve para regular a temperatura nas dife-
rentes estacións do ano. Sería maravilloso vivir nunha
casa destas características porque permítenos aforrar
cartos e enerxía á vez que gozamos dela.
En canto aos aeroxeradores están situados na Serra
da Loba. Existen de diferentes empresas como Game-
sa ou Navantia. Para moverse utilizan o apoio dun
cataventos, que xira e serve para dar a dirección do
vento e un anemómetro que da a velocidade do ven-
to. Calquera fallo no control dos eólicos ten como
consecuencia que non funcione, pero normalmente
posúen un bo mantemento.A súa colocación é com-
plicada xa que deben enfrontarse moito tempo ao
vento, por iso necesitan uns cálculos estruturais moi
precisos, a diferenza dun eólico pequeno dunha casa
unifamiliar como a casa bioclimática.
Os eólicos transforman a enerxía do vento en electri-
cidade e ademais baixan o prezo da electricidade nos
mercados e así facilitan a xestión da demanda eléc-
trica. A pesar de ser enormes e ter un evidente im-
pacto na paisaxe, ben é certo que nos serven para
non depender dos combustibles fósiles e axudar a di-
minuír o diminuír o aumento do efecto invernadoiro.
Estamos a ver a Casa Bioclimática
Parque eólico
13
Non debemos rematar esta descrición de Sota-
vento sen facer mención á abundancia dos res-
tos arqueolóxicos da época dos dolmens que fan
reflexo do pasado megalítico da rexión. A posi-
bilidade de entrar nunha delas permítenos ima-
xinar o medo que debían sentir os descendentes
daquelas persoas no seu momento.
Os guias que nos acompañaron mostraronse
correctos e agradables en todo momento.O
alumnado indicou que en xeral as explicacións
foron claras, amenas e longas. De entre esas
persoas a máis destacada foi Manuel. As súas
explicacións foron extensas e amenas a pesar de
que falara moi rápido. Por outra banda resol-
veunos moitas das dubidas que tiñamos, porque
se non entendiamos a información que nos pre-
sentaba, el intentaba outros recursos para que o
entenderamos. Ademais a súa actitude cara os
profesores e o alumnado foi moi grata.
Tras pasar una enquisa para coñecer a utilida-
deda visita para os estudantes de segundo da
E.S.O, podese afirmar que estes rapaces e rapa-
zas tiñan certas expectativas sobre a visita: sa-
ber cousas sobre os aeroxeradores e aprender
sobre o aforro de enerxía. Ao final as súas ex-
pectativas cumpríronse a medias. Por outra
banda, a mairía deles indicaron que lles gusta-
ría ter unha casa Bioclimática no futuro; tamén
todas as persoas creen que a casa Bioclimática
serviríalles para aforrar enerxía e cartos no fu-
turo. Por outra banda, so a metade das persoas
pensan que os estudos tecnolóxicos e científicos
axudan ao desenvolvemento dos aeroxeradores
só nos países desenvolvidos.
Así pois cremos que esta visita serviunos para
aprender como aforrar enerxía de diferentes
formas xa que o noso país utiliza recursos fósiles
doutros países.Se seguimos utilizando estes fósi-
les serían moi custoso para a nosa sociedade.Por
iso é mellor utilizar outras fontes de enerxías
renovables.
Equipo de redacción:
Sergio Amenedo, Djibril Diagne, Lara Rey,
Birama Fall, Eva Rúa, Alba Teijeiro.
Simbolo que mostra que non ten obselescencia
Dólmenes. Restos arqueolóxicos
Foto de grupo dentro da casa bioclimatica
14
15
PROXECTO “OS ESPAZO” DOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS
Os pequerrechos de 5 anos estiveron a traballar no 2º trimestre sobre o espazo, e aprenderon moitas cou-
sas sobre os planetas, a NASA, os astronautas, as galaxias....Nos seguintes códigos QR podedes ollar o resul-
tado deste interesante proxecto .
PROXECTO "OS PIRATAS" DOS NENOS E NENAS DE 4 ANOS
Este é o proxecto dos PIRATAS, que fixeron os nenos e nenas de E.I. de catro anos no segundo trimestre. Nel
cóntannos todo o que aprenderon sobre os piratas: ónde viven, qué piratas coñecen, partes dun barco pira-
ta, cancións poemas e adiviñas... Vede que chulo. Aquí tendes o resultado.
16
PROXECTO “FADAS E TRASNOS” DOS PEQUERRECHOS DE 3 ANOS.
Que son as fadas e os trasnos ?. Que características os fan similares e cales os diferencian?. Onde vi-
ven ?. Que comen ?. Como e por qué aparecen ou desaparecen ? Todas estas e outras moitas cousas
aprenderon os pequerrechos neste máxico e fantástico proxecto.
DICCIONARIO DE IMAXES E PALABRAS
Desde as aulas de infantil presentan o proxecto “Dicionario de imaxes e palabras”, co que pretenderon ela-
borar un dicionario con imaxes feitas polos nenos/as referido ás catro estacións do ano. Así, fixeron debuxos,
muráis e uns vídeos super chulos que podedes ollar nos código que tendes a continuación.
O 23 de abril, é unha data simbólica para a literatura universal e este ano cúmpren-
se 400 anos da morte do gran dramaturgo español Miguel de Cervantes Saavedra
(1547-1616), autor da que se considera a primeira novela moderna e unha das me-
llores obras da literatura universal.
Desde o noso cole unímonos a esta conmemoración e, aproveitando que estamos a ce-
lebrar o Día do Libro, alumnos/as, profes e persoal non docente realizamos unha lec-
tura continuada duns dos capítulos. Podedes vela no código QR.
Ademais de participar na lectura do Quijote, os nenos e nenas do 2º ciclo de primaria fixeron uns marcadores
"comelibros" e estes bonecos que bautizaron co nome de Lectoriños
E os nenos e nenas de infantil traballaron sobre a figura de Miguel de Cervantes e fixeron es-
tes marcadores tan chulos. Que fenómenos que son!!!!
17
AS ALUMNAS DA ESO CREAN CONTOS PARA OS MÁIS PEQUENOS
Para conmemorar o “Día Internacional dos Dereitos da
Infancia” 4 alumnas de 4º ESO, Ana, Mayolla, Paola, Alba
e Lara, estiveron preparando na clase de reli, durante va-
rias semanas, unha actividade para os nenos e nenas de
infantil e primaria. A actividade consistiu na creación e
representación do conto “Antón, o neno que non quería ir
á escola”. Con el quixeron subliñar o dereito á educación e o
valor que ten para todos nós poder contar con escolas e
profes para poder aprender. Asemade sumámonos á
reivindicación da CME (Campaña Mundial pola Educación),
a través da cal pedimos aos representantes políticos que se
comprometan co Dereito á Educación no mundo e que sintan que a sociedade á que representan así o
quere.
Parabéns a tod@s por facelo tan ben e demostrar as vosas capacidades creativas, e felicitar tamén de mo-
do especial a Ana Martínez que unha vez mais amosou as súas dotes de ilustradora creando á Antón, o
personaxe do noso conto, así como a portada da revista deste ano. Parabéns Ana, es unha artistaza!!!
SAME 2016
Semana de acción
mundial
pola educación
18
19
MANUEL MARÍA, A TERRA POETIZADA
Neste ano 2016 homenaxeamos a Manuel María. Este poeta
chairego pertence á Xeración das Festas Minervais, pois comeza
a publicar arredor dos anos 1950 nos concursos literarios pro-
movidos pola Universidade compostelá.
Nace o 6 de outubro de 1929 en Outeiro de Rei. No primeiro
contacto coa escola sorprendeuno que o seu mestre se dirixise
aos alumnos só en castelán, cando todos eles se expresaban en
galego.
Ao morrer seu pai foi vivir a Lugo baixo a tutela do seu tío don Xosé, pá-
rroco de San Froilán. O ambiente cultural da nova residencia permitiulle
contactos con escritores importantes da literatura galega ( Cunqueiro, Fole,
…). Ao rematar o bacharelato iniciou estudos de Dereito en Santiago, aínda
que non conseguiu rematalos. Con todo, permitíronlle traballar de procu-
rador de tribunais, función que desenvolveu ao tempo que rexentaba a li-
brería Xistral en Monforte de Lemos. Unha vez xubilado, instálase na Coru-
ña xunta a muller Saleta Goi ata a morte no 2004.
Foi un autor moi produtivo, pois chegou a publicar máis de 50 libros na súa vida, aínda que non só de poesía,
tamén narrativa, teatro e ensaio.
A primeira incursión na poesía faina con Muiñeiro de brétemas, poemario tristeiro que se inscribe na denomi-
nada Escola da Tebra e estas badaladas de bardo morriñoso
que me fan doer a alma
Pouco tempo despois, publica Terra Chá, o texto máis identificativo de Manuel María,
no que retrata os ritos populares, os traballos diarios, a paisaxe … da comarca chairega.
A Terra Chá somentes é:
un pobo aquí e outro acolá
Nas múltiples edicións do poemario chegou a duplicar o número de poemas na
última tirada con respecta á primeira.
No amplo repertorio da súa obra conviven temáticas moi variadas. Un
bloque importante é aquel de carácter reivindicativo, social, no que denuncia as inxustizas, cuestiona
o poder, defende a lingua
teño lingua nai
teño lingua pai
e teño lingua filla
declara o seu patriotismo
Galiza somos nós:
a xente mais a fala
pero tamén se apunta a liñas
máis intimistas como o canto á
beleza, en A luz resucitada
SEMPRE a rosa, Sempre:
…
a luz
a perfección da luz
20
O amor, tanto sensual como patriótico
eu só son, amiga, feliz co teu amor
A poesía era o seu xeito natural de se expresar, de comunicar a visión do mundo. Con todo, era consciente do
papel limitado da lírica
Seque os versos non valen
pero sigo escribindo sen parar.
Era consciente da humildade do seu ser
Manuel María- xa o sabedes- é o meu nome
feble, corto, esguío e tan desamparado
que sempre o usei sen apelidos
Artigos en prensa, ensaios literarios, … iniciativas culturais varias completan a súa identidade. Os premios e re-
coñecementos gratificaron ese labor multidisciplinar.
COLECTIVO LILIANAMIVEMA (Manuel Fernández, Lidia Martínez, Naím Moya, Miguel Oliveira, Lía Rodríguez, Vera Varela)
Este ano concorren tres situacións culturais interrelacionadas e á vez independentes.
Conmemórase o centenario da creación das Irmandades da Fala, que aló polo 1916
botaron a andar nos Cantóns coruñeses; choramos a morte de Neira Vilas, reporteiro do
rural; e homenaxeamos a Manuel María, creador da poesía da Terra.
E para dar constancia delo dende o noso centro o CPI Conde de Fenosa realizamos o
documental “Obras cheas de Galicia”, idea de Ana Martínez alumna de 4º de ESO, en
colaboración con algúns dos seus compañeiros que poñen voz a
unha escolma de poemas dos autores, o EDLG e o departamento
de lingua galega.
Podedes ollar o documental no seguinté código QR.
Sonetos á casa de Hortas
para medila só valen dúas mensuras
ferrados de corazón, fanegas de alma!
Terra Chá a morte
vou…facéndome, para sempre, terra túa,
e ensumíndome, calado, no teu seo.
Ao longo do ano escolar, realizamos varios murais entre todo
o alumnado de 3º e 4º.
No mural, técnica artística tan antiga que xa nas pinturas
rupestres podemos ver a súa orixe, conxúganse aspectos de
convivencia, a arte e súas relacións interdisciplinares, etc. É
un proxecto colectivo, no que participa todo o alumnado e
que vai posibilitar a representación dunha idea servíndonos
da linguaxe artística.
Este curso, todos os murais que realizamos foron sobre papel
continuo pegado á parede (polo tanto efímeros), con témperas e pinceis. A temática relacionada con fes-
tividades: O Samaín, O Magosto, Nadal, Antroido, Día da Terra, Día das Letras.
Os indicadores de éxito foron a valoración da obra e os niveis de satisfacción dos participantes e da co-
munidade educativa .
Medramos. http://xamedramos.blogspot.com.es/2016/05/os-murais-de-todos-para-todos.html)
21
Como todos sabedes o 8 de marzo celébrase en todo o mun-
do o Día Internacional da Muller. Unha celebración que, so-
bre todo, é unha reivindicación social e unha ocasión de facer
un reconto dos progresos realizados cara ao logro da igual-
dade de xénero. E para conmemorar esta data realizamos
unha morea de actividades en todos os niveis.
Os nenos e nenas de primaria investigaron e aprenderon moito
sobre unha chea de sorprendentes mulleres que foron coñecendo
ao longo da semana: escritoras, deportistas, artistas, científicas,
activistas… Polas nosas aulas foron discurrindo Malala, Ruth Beitia,
Ana Frank, María Montessori, Rosalía de Castro e un largo etcé-
tera. Mulleres impresionantes que coa súa vida e traballo son un
exemplo para todos nós.
En Plástica coñecemos a Maruja Mallo, a gran pintora galega da
Xeración do 27, que aínda hoxe é unha gran descoñecida para
unha gran maioría. Homenaxeámola pintando as nosas versións
dos seus "retratos bidimensionais".
Os nenos e nenas de infantil coñeceron
a Frida Kahlo, gran pintora e loitadora
contra o machismo da súa época, rea-
lizando un mural sobre ela e apren-
dendo moitas cousas sobre a súa vida.
En secundaria, Ana, Lara, Alba, Paola e Mayolla, grandes dinamizadoras do noso centro, realizaron un pro-
grama especial de radio no que fixeron un repaso á historia deste día así como un recoñecemento á vertente
feminista de Rosalía de Castro, poetísa que tan ben soubo plasmar na súa obra que a muller tamén sente e
padece, que as mulleres podían protestar, queixarse do que lles faltaba e do que lles arrebataran, e non
contentarse con formar unha familia e calar para sempre.
Podedes escoitalo neste
código QR
22
Este curso tivemos de novo a oportu-
nidade de conectarnos vía Skype e rea-
lizar unha videoconferencia coa base
española Gabriel de Castilla, situada na
Illa Decepción, na Antártida. Entre os
militares e científicos que traballan
nesta estación española atópase Javier
Cristobo, un aresán que a parte de
mergullarse nas xélidas augas polares,
leva anos inmerso no mundo da inves-
tigación biolóxica. En riguroso directo Cristobo e outros compoñentes da misión (científicos e membros do exér-
cito de terra) explicáronnos en que consistía a súa labor e o traballo que estaban a realizar, pero o máis im-
portante foi que os rapaces e rapazas puideron falar con eles, facerlles preguntas e coñecer de cerca o proxecto
que están a realizar. Incluso puidemos apadriñar algún pingüino no programa de apadriñamento que levan a
termo na Base Española.
Con grande simpatía e coñecemento, contestaron cada unha das preguntas formuladas polos rapaces da ESO e
incluso saíron da base para amosarnos o exterior das instalacións.
Desde o noso centro agradecemos á BAE española e a todos os que alí traballan o seu esforzo por colaborar cos
centros educativos acercando a todos os rapaces e rapazas os seus traballos de investigación e todo o que están
a facer tanto militares como investigadores e, de un modo especial, ao noso paisano e amigo Javier Cristobo
por darnos a oportunidade de realizar de novo esta videoconferencia alén dos nosos mares.
VIDEO CONFERENCIA COA BAE NA ANTÁRTIDA "GABRIEL DE CASTILLA"
E O NOSO CIENTÍFICO ARESÁN JAVIER CRISTOBO
23
É indiscutible a necesidade de mellora na expre-
sión oral que observamos en Primaria.
Unha das manifestacións fundamentais do ser
humano é a comunicación oral, por iso a compe-
tencia comunicativa é moi importante no cu-
rrículo.
Dende a escola debemos favorecer esta expresión
dun xeito interdisciplinar, en todas as áreas ,
usando variadas estratexias, con técnicas indivi-
duais e grupais coas que aprenderemos a traba-
llar en equipo, a escoitar aos demais, a expoñer
as propias ideas, etc. A aula é un lugar onde
desenvolvemos a socialización, posto que é un lu-
gar onde se atopan persoas de diversa cultura,
relixión, orixe, etc. Nela temos que aprender a
respectarnos e comunicar de forma correcta as
diferentes opinións, dando puntos de vista pro-
pios sen ofender aos demais.
No noso blog, Medramos, temos nas seccións Ex-
presión Oral e Idade Media, recollidas diversas
actividades desenvolvidas ao longo do curso: en-
trevistas, cantigas populares, recitado de poesías
e refráns, elaboración de receitas, exposicións de
traballos de investigación, etc.
O recurso de gravalas permítenos adquirir valores
e actitudes como a responsabilidade, a autocríti-
ca porque nos facilita a aprendizaxe dos propios
erros, a creatividade, etc.
Josefina Vales
24
25
ENTREVISTAS AOS PROFES DO COLE
Cantos anos levas neste centro? Estiveches nalgún
outro antes?
Levo 15 anos traballando en Ares. Cheguei no
2001. Antes traballei en Viana do Bolo, en Marín e
na Gudiña, en Ourense.
Notaches diferenzas entre traballar neste centro ou
nos outros?
Tanto en Viana como na Gudiña atopei centros
pequenos, dunha organización similar á do noso.
Marín era un instituto máis complexo.
Que motivos te levaron a dedicarte ao ensino?
Levas moitos anos neste ámbito?
Coñecer o duro que era a vida sen estudos, xa que
abandonei no bacharelato e estiven traballando un
ano nun almacén de construción. O reducido salario
e o escaso prestixio do traballo animáronme a
recuperar os estudos e dirixilos cara ao ensino.
Xa levo aproximadamente 20 anos dedicado á
docencia.
Por que escolliches esta especialidade?
Non foi unha opción demasiado reflexionada,
dentro das miñas preferencias estaban as linguas
e mentinme na facultade de Filoloxía galega.
Antes de dedicarte ao ensino, tiñas algún outro
obxectivo ou preferencia profesional?
Como dixen antes o primeiro labor foi como
empregado de almacén, logo compatibilicei os
estudos da carreira co traballo de conserxe na
UNED durante 10 anos.
Cres que fóra de Galicia a materia que ti
impartes, lingua e literatura galega, podería ser
optativa no ensino?
Como calquera materia do ámbito cultural
podería ofertarse. De todas as maneiras a súa
significación está no espazo galego.
Tes pensado cambiar de centro no futuro?
Cabe a posibilidade, pois a miña residencia na
Coruña obrígame a un desprazamento diario
cada vez máis custoso pola idade. Nunca o faría
por buscar algo mellor.
Moitas grazas, Xoán, polo teu tempo
Entrevista realizada por Eva Rúa (4ºPDC)
Este curso decidimos entrevistar algúns profes que levan anos traballando no centro: Marisa Areal, Carmen
Soto, e Xoán Barrio, mais tamén temos algunha incorporación máis recente, o profe de física e química,
Jorge Gutiérrez. Realizámoslles unha breve entrevista a cada un deles, con estas entrevistas procuramos
afondar nas súas impresións sobre o ensino e na súa experiencia persoal como docentes. Agardamos que
esta entrevista sexa unha homenaxe ao voso quefacer cotián.
Grazas aos catro pola vosa disposición e por nos dedicar o voso tempo.
Entrevista a Xoán Barrio Saa profesor
de lingua e literatura galega
26
Cantos anos levas dedicándote ao ensino?
Máis de 30 anos, 16 no corpo de mestres e 16 no
corpo de ensino secundario. Sempre no ensino pú-
blico.
Por que elixiches este ámbito e non outro?
Case non o lembro, medrou comigo o desexo de ser
profe. O meu xogo preferido de pequena consistía
en poñer os meus irmáns pequenos de alumnos.
Se non te dedicases a esta profesion en que ámbito
che gustaría traballar?
Elixiría ter unha tenda (unha mercería ou unha
delicatessen). Ou ser cociñeira.
A túa profesión non implica a docencia directa se
non que coordina as relacións entre docentes de
diferentes materias e a interacción co alumnado, é
complexo este traballo?
O máis complexo do mundo do ensino é o traballo
na aula de todos e todas, as demais estamos para
lle dar sustento a esta labor.
É posible que atoparas algúns casos difíciles ou
complicados ao longo da túa carreira/vida profe-
sional, pero seguro que tamén situacións satisfacto-
rias, poderías comentarnos algún destes casos?
Cada aprobado é un caso satisfactorio e tamén ca-
da visita de ex-alumnos. Dende o punto de vista
humano o máis satisfactorio destaca cando se res-
tablecen relacións familiares, entre rapaces ou ra-
pazas.
Os casos difíciles prefiro calalos porque vivimos nun
sitio pequeno e poden ser identificados
Seguramente que ti nos podes axudar a completar
esta breve entrevista e achegar algún comentario
ou reflexión persoal.
Como reflexión gustaríame que o alumnado de Ares
recordara que “o mundo non remata nas roton-
das” que convén saír para medrar.
Grazas, Carmela, por nos dedicar este tempo.
Entrevista realizada por Birama e Sergio (4ºPDC)
Entrevista a Carmen Soto orientadora
do noso centro
Entrevista a Marisa Areal profesora
de Educación plástica e visual
Marisa, creo que es unha das profesoras máis antigas
do centro, é así?
Levo neste centro 18 anos, non sei se son a máis an-
tiga do centro pero si de secundaria.
Traballaches noutros centros antes de chegar a Ares?
Que niveis impartías?
Si, traballei en Ourense, nas Pontes, en Mugardos. Os
niveis foron variados, ao igual que os centros polos
que pasei; impartín aulas na secundaria, en formación
profesional e tamén no bacharelato.
Que opinas sobre o feito de que na docencia haxa
máis mulleres que homes?
Isto non é importante, todos temos o mesmo acceso.
Cando estiven noutros centros había máis homes.
Seguro que non é doado realizar os estudos precisos
para desenvolver o traballo de profesora de plástica,
que opinas ti?
Non é nin doado nin difícil, é preciso ter aptitudes
ademais dunha grande creatividade e curiosidade.
Por que elixiches esta profesión?
Gústame traballar con adolescentes e interésame a
pedagoxía das artes plásticas.
Participaches algunha vez en exposicións, en concur-
sos…? E se o fixeches, cal foi o resultado?
Si participei nalgún concurso e tamén me chamaban
para expoñer, pero cando comecei no ensino abando-
nei algo ese mundo para dedicarme máis á docencia.
Con que época pictórica ou movemento artístico te
identificas máis?
Todos os movementos artísticos teñen respostas fun-
damentais para a vida. Isto é, a arte é unha maneira
de explicar a vida.
Con este remate rotundo de Marisa, conclúo a miña
entrevista. Grazas polo teu tempo.
Entrevista realizada Lara (4ºPDC)
27
Entrevista a Jorge Gutiérrez
profesor de Física e química
Jorge, ti es unha das máis recentes incorporacións ao noso cen-
tro, pero seguro que xa levas traballando uns cantos anos, non
si?
Si, este ano cumplo 20 anos na docencia.
Por que elixiches esta profesión? E Esta especialidade?
Escollín esta profesión porque o meu irmán xa era profesor, ao
principio non me atraía moito, pero logo encantoume. Por iso
sigo traballando nisto. gústame moito.
A especialidade elixina porque xa me gustaba no instituto, tiña
unha profesora moi boa e dábaseme ben.
Por que cres que no ensino hai máis mulleres que homes?
Porque cada vez hai máis mulleres que homes titulados, penso
que as mulleres xeralmente son máis traballadoras e esixentes
que os homes.
Traballaches noutros centros antes de estar neste? E nalgún
privado.
Si, traballei en varios en León; en Cacabelos estiven máis de 10
anos; no Bierzo. Sempre traballei en centros públicos porque
penso que son mellores.
Cambiaches entón de comunidade, é diferente o ensino en Gali-
cia?
En esencia non o e, pero cada sitio ten as súas particularidades,
por exemplo en Galicia estamos moi avanzados en Tecnoloxía.
Algunha vez pensaches en dedicarte a outra cousa que non fora
o ensino?
Si, se non traballase no ensino gustaríame facer algo similar;
preparar libros, traballos, vídeos...
Publicaches traballos en algún xornal ou revista?
Publiquei, si, fundamentalmente sobre Astronomía e Meteorolo-
xía.
Que avances se produciron no ensino desde que ti comezaches?
Houbo moitos. Penso que os nenos cada vez son mellores, traba-
llan máis, aprenden máis… Houbo avances no comportamento e
na valoración do estudo.
Como ves o ensino do futuro?
Véxoo moito máis tecnolóxico, pero sen perder nunca a esencia
do profesor, do teatro da aula, de facer cousas para atraer ao
público.
Continuarás moito tempo neste centro.
Seguramente o curso que vén estarei en Ferrol ou nos Estados Unidos.
Engadirías algún comentario a esta entrevista?
Que estou encantado de estar aquí, neste centro, con vós. E que sempre vou ter Ares no corazón.
Grazas, Jorge, por compartir estes minutos con nós.
Entrevista realizada Alba e Djibril (4ºPDC)
28
Este curso estamos lendo en lingua Galega un libro de poesía de Fran Alonso, Cidades, nel o autor achéga-
nos os sentimentos que lle suscitan as súas cidades: as vividas, as soñadas, cidades distintas ás nosas, a
soidade das xentes que as habitan, os animais fóra do seu hábitat….
Nós tamén quixemos crear un poema colectivo para expresar as sensacións, os sentimentos que suscita en
nós a nosa vila: Ares.
A VILA DA TERRA E O PORTO DE MAR
A nosa vila, Ares, deus da guerra, vila de paz
A nosa vila, Ares, a vila do C, verde e azul
A nosa vila, Ares, pétalo de flor,
calquera...
A nosa vila, Ares, unha pirueta
pés ao ritmo de baile
bicos de pasos...
A nosa vila, Ares, leda como os seus habitantes
A nosa vila, Ares, mariñeira como a súa xente
da nosa infancia…
A nosa vila, Ares, xílgaro ledo e libre voando
A nosa vila, Ares, cor azul, xente no mar,
paxaros nos ceos
chorosa no inverno, sorrinte no verán...
A nosa vila, Ares, incansable, loitadora.
Alumnos 1º A. (Joel, Ignacio, Pablo, Nuria, Lucía, Cristina, Samuel,
Manuel, Marta, Lidia, Adrián, Naim, Marcos)
AS MIRANDAS // A CISCADA// FONTELIDE
Afrodita fermosa,
Poseidón mariñeiro,
Marte loitador
ARES
O “C”. “La” musical A nosa vila.
Fermosa A nosa vila
Costeira e mariñeira A nosa vila
Azul… branca.... A nosa vila
Chuviosa…
Silandeira….
No inverno
Solleira
Leda
No verán.
Máxica e chea de vida
Case inexistente, etérea.
Alumnos 1º B (Sofía C., Diego, Uxía, Raúl, Miguel,
Sergio, Sara, Esther, Luís, Lía, Martín, Lucía,
Sofía T., Vera, Iago, Yuxín)
24
Os alumnos e as alumnas de 3º e 4º estivemos traballando ao longo
do presente curso nun proxecto adicado a Idade Media. Durante o
curso fixemos numerosas actividades vinculadas a esta temática, co-
mo a decoración dos corredores con cabaleiros que custodiaban o ac-
ceso as nosas aulas, murais sobre personaxes e vestimentas, e que di-
cir das nosas portas das clases decoradas con castelos, torreóns…
Ademáis, aproveitando que este
ano no entroido do colexio nos
íamos disfrazar das distintas
civilizacións que existiron no
mundo, nós tamén quixemos
contribuir ao noso proxecto
representando a Idade Media.
Para iso, os nenos fomos dis-
frazados de cabaleiros, ben
ataviados cos traxes decorados
con escudos representativos dos
nosos castelos, helmos, escudos
e ata espadas. As nenas, como
non, fomos de belísimas damas
da nobreza, levábamos vestidos
con motivos en prata e unhas
coroas das que caía un veo. Iso
sí, todo feito por nós!
Xa case para concluir o noso proxecto,
coa axuda de Lara, a profesora de
Música, preparamos un baile para in-
terpretar nunha saída que fixemos
pola nosa contorna.
Nesta saída aproveitamos para coñe-
cer todos os elementos da Idade Media
que ainda se conservan nos arredores
da nosa localidade. Visitamos a ermida
da Mercé en Chanteiro, a igrexa de
Santa Olaia, en Lubre, e Mosteiro de
Santa Catalina, en Montefaro.
No Mosteiro, contamos con Celsa per-
tencente á Asociación de Amigos de
Santa Catalina de Montefaro, que nos
deu unhas breves explicacións da ar-
quitectura e historia do mosteiro,
tamén puidemos facer unha visita por
algunas das salas, e foi no patio do
clautro, onde se non! decidimos gravar
o noso baile da Idade Media.
Eh! shhh… non llo digades a ninguén, pero na xornada de convivencia que reali-
zaremos en fin de curso ao Mosteiro de Santa Catalina, dedicarémoslle o noso baile a todo o
cole. Pero lembra... ata entón é un segredo.
29
30
Os nenos e nenas de 4º nivel seguimos a darlle á música
tradicional galega.
Este curso comezamos musicando o poema “No niño novo
do vento” de Álvaro Cunqueiro. Colaboramos coa mestra
de música e interpretamos no festival de Nadal dous
temas: “Xota de Lira”, versión de Xabier Díaz, e “Unha
pouca roupiña” dos grandes Mini e Mero.
Para o día das Letras Galegas preparamos outros dous
temas; “O verdegaio” e “A palabra ten vida” de Pablo
Nogueira. E, como remate, para homenaxear ao noso gran
poeta Manuel María, cantamos todos xuntos “O arco da
vella”, versión de Suso Vaamonde.
Queremos agradecer de xeito moi especial toda a
colaboración que a mestra especialista de música, Lara, nos
prestou ao longo de todo o curso.
Todas as gravacións se poden ver e escoitar nos blogues do
centro.
Para o próximo ano, Máis e Mellor, se cabe.
Os alumnos e alumnas de 6º de primaria realizaron un mag-
nífico traballo de busca de información e material gráfico pa-
ra amosarnos unha das tradicións máis representativas de
Ares, a das Alfombras Florais. No vídeo ao que podedes ac-
ceder no código QR, podedes ver un pequeno percorrido pola
súa historia así como unha mostra gráfica das mesmas. Pa-
rabéns a todos/as polo voso traballo e á profe de reli, Pili
Ramos, pola coordinación do mesmo.
31
32
33
No barrio de Canido de Ferrol, que está moi deteriorado, faise cada ano unha festa onde os
artistas veñen pintar, cantar, recitar… en fin, a darlle outra vida a este barrio e ás súas xe-
ntes. Unha vez ao ano píntanse os seus muros facendo diferentes e persoais versións sobre
un dos grandes cadros da historia e do seu pintor: “ Las meninas de Velázquez”.
Este é o Barrio de Canido, e hoxe en día un referente internacional de recuperación urbana.
Este ano, tamén se está a desenvolver unha convocatoria de Arte postal sobre as Meninas e nós, os nenos
e nenas de 1º de primaria, participamos dende a nosa clase, creando as nosas versións desta preciosa
obra e, a verdade, é que quedaron moi feitiñas. A ver se vos gustan.
Estarán penduradas no barrio de Canido en Ferrol, cando se faga a nova convocatoria artística aló por
setembro. Será unha festaza!!!
Como xa sabedes, este é xa o terceiro ano que se leva
a termo a Convocatoria Internacional de Arte Pos-
tal, que esta vez leva por lema: Hai un artista en ti:
Arte-SOS” .
Nela tentamos resaltar a importancia das artes no
noso crecemento e na nosa formación, e facer un
chamamento para concienciar sobre a necesidade de
coidar o Medio Ambiente utilizando a reciclaxe.
Este ano a nosa clase de 1ºA fixo unhas variacións
sobre a fantástica obra de Munch “El Grito”. Qué
mellor que versionar esta obra na que podemos ex-
presar todo o noso sentir. Para elo usamos como so-
porte contos vellos que ían ser tirados ó lixo, tuneá-
molos con unha morea de cousas: teas, areas, botóns,
fíos e lás, papeis, moedas…. Quedaron estupendos. E
despois fixemos un “emocionario” tamén sobre o
Grito de Munch, para amosar os nosos sentimentos.
Cómo nos gusta facer todas estas cousas. Agora si
que podemos berrar todos :
“Arte-SOS”!!!!!
34
No noso cole non temos nada que envexar aos famosos cociñeiros de
Master Chef xa que neste curso as nosas aulas estiveron cheas de pequenos
e pequenas cociñeiros e cociñeiras que fixeron unha morea de receitas.
Así os pequerrechos de infantil elaboraron pan, marmelada, roliños de
xamón e queixo e realizaron un proxecto sobre a elaboración de chocolate
super chulo.
E os nenos e nenas de 4º de primaria non quedaron atrás xa que na súa
aula-cociña prepararon receitas super orixinais como “os bocatas-retrato”
que, ademais de estar boísimos, teñen unha presentación estupenda. Tamén fixeron macedonia de froitas e
moitas cousas máis. Pero se queredes ver a elaboración das receitas so tedes que achegarvos aos blogs de
aula ou ao código QR desta páxina e poderedes ver a súa elaboración. Bo proveito!!!
Si podemos presumir de cociñeiros no noso cole non nos quedamos curtos en canto a magníficos interpre-
tes musicais. Dende a clase de música da ESO os alumnos e alumnas de 3º e 4º preséntannos dúas obras
interpretadas por eles coas que puxeron banda sonora a dous estupendos vídeos titulados: "O outono en
Ares" con imaxes da nosa vila en outono e "Cantando a Rosalía" en homenaxe á nosa poetisa. Podedes
velos nos seguintes códigos. Quedaron estupendos!!!!
Rosalía de Castro é a autora nuclear das
letras galegas modernas e unha das figuras
indispensables do panorama literario do
século XIX. Foi a escritora que devolveu ao
galego o seu carácter de lingua culta, foi
precursora da poesía española moderna e
do existencialismo e unha pioneira do pen-
samento feminista. E, como todos os anos
no noso centro, conmemoramos o seu día, o Día de Rosalía.
Entre as actividades que realizamos podemos destacar o envío masivo e simultáneo, por parte do alum-
nado da ESO, dun verso de Rosalía desde os nosos terminais móbiles baixo a etiqueta #mobilizarosalía. O
verso “Trocando en sonrisas / queixiñas e choros”, xunto cunha imaxe da nosa escritora, foi reenviado a
través das redes sociais a todo o mundo. Ademais nas aulas de Infantil e Primaria realizaron postais alu-
sivas á súa obra.
Tamén fixemos recitado dos seus poemas, cantamos a Rosalía, a recordamos no Día da Muller cun pro-
grama de radio, e a tivemos presente no noso mural de Mulleres na Historia. Unha morea de actividades
que se nos quedan curtas para homenaxear a esa muller que non tivo medo de ser politicamente inco-
rrecta na súa época, que reivindicou o papel da muller na cultura e que recuperou a identidade de Galicia
tanto no aspecto cultural (sobre todo popular), da historia e da propia lingua naquel momento tan des-
prestixiada e a cal non se consideraba apta para cultos.
35
E VOLVEMOS PARTICIPAR!
PARABÉNS ÁS E AOS PARTICIPANTES E ENHORABOA A VERÓNICA!
Verónica é quen escribe este artigo para contarnos brevemente en que consiste o concurso.
Neste curso 2015-16, o noso centro participou, como case
todos os anos, no Concurso de Relato Curto organizado por
Coca-Cola, tanto na modalidade en lingua galega como en
lingua castelá.
Esta iniciativa está dirixida ao alumnado de 2º ESO, e no no-
so centro participamos: Andrea García, Lara Fonte, Isabel
Maceiras e eu en galego; no concurso en castelán os partici-
pantes fomos Vanessa Carpente, Lara Fonte, Elizabeth Martí-
nez e eu.
As dúas probas realizáronse no salón de graos da Facultade de
Humanidades d´A Coruña. Alí recibiamos un estímulo no que
tivemos que basearnos para escribir as nosas obras. En galego, debiamos incluír no noso relato a seguinte ora-
ción: “Aquela sombra desconcertábao”. En castelán entregóusenos unha caixa de música como inspiración.
Ao final, eu resultei premiada en ambas modalidades e quedei como primeira clasificada no sector de Ferrol (a
miña zona) no concurso de galego.
Verónica Rodríguez, 2ºB
ÚLTIMA HORA, ÚLTIMA HORA!!!
Ao peche da revista e coincidindo coa entrega de premios do concurso de relato curto en castelán, soubemos
que Verónica Rodríguez, a nosa alumna de 2ºB, obtivo o primeiro premio no sector de Ferrol.
Pero aínda hai máis, é a gañadora Autonómica!. Verónica, a mellor entre máis de cincocentos participantes de
2º ESO, irase de viaxe cultural e de ocio a Madrid e a Londres.
Goza do premio e desfruta da experiencia! Ha ser inesquecible!.
Xa nos contarás…
36
Este curso os rapaces de 6º e da ESO participaron de novo
no concurso escolar da ONCE. Descubrir O TALENTO era o
lema. Estivo moi interesante, falamos sobre a importancia
da igualdade de oportunidades de todas as persoas e abor-
damos este reto a través do descubrimento do talento que
todos temos e que nos fai especiais. Uns grupos centrámo-
nos nos talentos que temos máis preto de nós, no noso pobo
(quedan moitos máis seguro) e outros máis xerais.
Mostramos aquí o resultado do nosos traballos.
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de E.P. fixemos unha viaxe a Santiago acompañados dos nosos titores.
Visitamos a Catedral (algúns nenos nunca estiveran alí), as rúas antigas e despois merendamos na Alameda.
A Catedral estaba repleta de peregrinos, non pensabamos atopar tanta xente. Ademais ía comezar a misa
polo que tivemos que facer unha visita rápida. Gustaríanos volver con máis tempo para poder visitala con cal-
ma. Tamén nos gustaría ver funcionar o Botafumeiro.
CON - FÍO NO GAIÁS
Despois de pasar a mañá en Santiago, fomos a comer ao Gaiás.
Xa pola tarde fixemos unha visita guiada a exposición “CON FÍO”.
Nela realizamos un percorrido para coñecer como foi evolucionando a moda ao longo do tempo ata chegar
aos deseñadores galegos da actualidade. Foi moi interesante, ademais os de 6º fixemos un obradoiro bilingüe
(inglés-galego) e incluso algún compañeiro posou de modelo.
37
A Biblioteca Carabela, pertence dende o curso 2011 á Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, formándonos
anualmente en temas relacionados co Traballo por Proxectos. Qué hai detrás?, para que facemos os proxectos?.
O propósito do traballo por proxectos é que o alumnado aprenda a desenvolver as súas competencias claves. O
interese fundamental non é o produto, senón o proceso e as aprendizaxes que se promoven. A Biblioteca Escolar é
clave no desenvolvemento do proxecto. Desde ó inicio debemos preparar os RECURSOS necesarios para a investi-
gación documental sobre o tema proposto.
Este curso, o noso centro escolar está inmerso nun Proxecto de Formación para o profesorado, no que recibimos
formación teórica e práctica no traballo por proxectos dende a Biblioteca Escolar.
Durante o curso os nosos alumnos e alumnas investigaron e traballaron diversas temáticas, entre elas están: Os
astronautas, piratas, fadas e trasnos, os exipcios, os gregos, os romanos, os celtas, a Idade Media …Todos estes
proxectos podedes descubrilos ó longo da revista, na que hai múltiples artigos relativos a eles e nos blogs do noso
centro.
É importante resaltar que a través dos Proxectos estamos traballando todas as competencias que nos indican
dende o currículo, e as estamos a traballar dende una perspectiva significativa para o alumnado, relacionando a
información co que eles xa saben.
No seguinte enlace podedes acceder á páxina do blog da biblioteca onde encontraredes, tamén, moita información
sobre eles.
38
39
Fai non moito tempo, o noso cole recibíu o nome de “CPI
As Mirandas”. Pero, ¿sabiades que segundo unha lenda, nas
illas Mirandas hai unha serea? Pois atentos, porque vou
contarvos esta fermosa lenda.
Desde fai séculos, no fondo da Ría de Ares vive unha fer-
mosa serea no seu palacio de cristal.
A serea das Mirandas adoita xogar cos golfiños e achegarse aos
polbos, chocos, robalizas, sardiñas ou fanecas que se moven polo
golfo Ártabro, pero ben sabe que o que nunca pode facer é ache-
garse onda os homes porque, se descubrisen a súa existencia xa
non a deixarían en paz..
Algunhas noites de ardentía en agosto, cando o mar escintila de tal
xeito que ao remexelo semella que arden as augas, moitos rapaces
acoden ás praias para se bañaren á luz das estrelas. Unha desas noites
de verán, nos últimos anos do século XIII, un fidalgo da liñaxe dos
Mariño, mentres se mergullaba na praia de Centroña, sorprendeu á
serea sentada nunha rocha. Quedou tan impresionado pola súa beleza
que lle pediu que volvese ao día seguinte. O fidalgo non tiña acougo sen ela e rogoulle que fose vivir onda el.
Así o fixo a serea das Mirandas e, o fidalgo dos Mariño, con mimo, delicadeza e paciencia, foille quitando
unha a unha as escamas da súa cola ata que quedaron ao descuberto dúas fermosas e longas pernas de
muller. Os dous namorados casaron, tiveron descendencia e foron moi felices xuntos. Gustaban de pasar
moitas tardes na praia de Centroña, contemplando aquela pena na que se viran por vez primeira.
Cando seu home morreu, a serea deixou os seus fillos
xa maiores e volveu vivir nas augas salgadas da nosa
ría de Ares, no fermoso palacio que tiña debaixo do
mar, preto das illas Mirandas.
Non se deixou ver máis por ser humano algún, aínda
que, certas noites de ardentía, algún vello mariñeiro
conta que escoitou arrepiado nas rías do golfo Árta-
bro, a máis fermosa e doce canción de amor que
viña do fondo do mar e era entoada pola marabillosa voz da malpocada serea, tal vez en lembranza
daquela noite na que coñecera o seu namorado.
FIN
Parte do texto é de: http://josefonte.jrdweb.es/libro/lenda-da-serea-das-mirandas
Os debuxos están feitos por mín mesma.
Con cariño: Paola Toribio García. CPI As Mirandas, Ares 2016.
40
Este é o terceiro ano no que realizamos o Concurso de Portada de Libros no noso cole. Esta actividade ten
por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou cuberta dun libro en galego que o alumno/a
tivera lido. Con esta iniciativa o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca Carabela pretende fo-
mentar a lectura e as capacidades creativas dos alumn@s e, a boa fe que o conseguiu. Presentáronse un
montón de obras nas que os alumnos/as de infantil, primaria e secundaria reflectiron as súas dotes crea-
tivas utilizando todo tipo de técnicas e materiais: témperas, collage, banda deseñada, composicións e dis-
tintas texturas puidéronse ver nesta fantástica exposición. Aquí tedes algunhas.
O curso pasado creamos no noso colexio a páxina
web: Patrimoniodeares.com., coa intención de
aprender involucrando ao noso alumnado e a nosa
contorna. A través de dita web estamos dando a
coñecer o patrimonio natural, cultural, social e
paisaxístico de Ares e a súa contorna. Neste curso
queremos seguir nutrindo de contidos dita páxina,
para o cal propoñemos investigar, recoller infor-
mación (fotografías, vídeos, debuxos…) e crear acti-
vidades sobre o Mosteiro de Santa Catalina de
Montefaro. Todo este traballo culminará cunha
xornada lúdico-cultural no entorno do Mosteiro.
Entre os obxectivos que nos propoñemos están:
 Investigar o entorno que nos rodea có noso alumnado, recoller información, elaborala e divulgala nos
distintos medios: revistas, páxinas web...
 Poñer en valor a riqueza do entorno de Ares, fronte ao alumnado e toda a comunidade educativa.
 Promover a interacción entre a escola e a súa contorna.
 Fomentar o respecto pola conservación da natureza e o medio.
 Valorar o patrimonio natural e cultural.
 Fomentar o traballo en equipo, a reflexión crítica e a valoración das capacidades individuais e alleas.
 Fomentar o desenvolvemento das competencias básicas.
O proxecto que nos ocupa está deseñado para desenvolverse a nivel de
centro en colaboración coas diferentes etapas educativas. Falamos de
educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria. Terá un carácter
interdisciplinar e globalizado, participando alumnado e profesorado de
diferentes áreas e disciplinas (aulas de educación infantil, primaria e
ESO).
Parécenos importantísimo acadar a participación e colaboración de dis-
tintos organismos e colectivos, así que contaremos coa implicación do
Concello de Ares, da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catali-
na de Montefaro e da asociación Bimares. Polo tanto, estamos ante unha
proposta metodolóxica colaborativa e participativa, asentada nun deseño aberto, flexible e susceptible das pre-
cisas modificacións, capaz de acadar o interese e a motivación do alumnado, cun tratamento globalizado e in-
terdisciplinar das diferentes áreas educativas e da educación en valores, adaptada á diversidade do alumnado e
facilitadora da implicación da comunidade educativa.
Ademais de traballar os diferentes contidos, ámbitos de
coñecemento e desenvolver as diferentes capacidades e com-
petencias correspondentes ao nivel de idade do alumnado,
amosaremos e achegaremos a contorna de Montefaro a toda
a comunidade educativa, social e familiar. Así como aprender
as accións de coidado do medio ambiente: non ensuciar o no-
so contorno, os bosques, reciclar, reutilizar…
41
Entre as actividades que levaremos a termo na nosa visita ao mosteiro destacan:
AS ÁRBORES NA CONTORNA DO MOSTEIRO DE MONTEFARO
Actividade 1.- Consistirá na busca de información das árbores que poboan o contorno do mosteiro de
Montefaro centrándose nas características máis importantes de follas, froito e flor así como na súa utilida-
de para as persoas e animais que os rodean. Posteriormente elaboraranse unhas fichas coa información e
unhas placas co código QR que se colocarán en cada unha das especies.
Actividade 2.- Plantación de buxo para os ocos do xardín.
XOGOS POPULARES NA COMARCA DE ARES (Educación física).
En tanto que fenómeno social e cultural, consideramos que os deportes populares propios da zona ou co-
munidade, débense coñecer, practicar e respectar, así mesmo deben prevalecer, perdurar e subsistir.
Que os nenos e nenas pregunten na casa os xogos que facían os seus antepasados, que indiquen en qué con-
sistía o xogo e cal era o material necesario, ademais, poden completalo con fotos, debuxos ou esquemas.
Poranse en práctica o día da visita a Montefaro que rematará cunha xornada lúdica.
ROTEIRO: COÑECENDO O ENTORNO DE MONTEFARO. VISITA Á BAILADORA
Realización de pequenos roteiros desde o Mosteiro ata o mira-
dor de “A Bailadora” e as baterías.
Localización previa co google maps e realización dun mapa
coa senda a percorrer.
Esta actividade estará coordinada polo noso compañeiro Al-
berto, responsable da Asociación BIMARES en colaboración
cos profesores do centro.
PRODUTOS AUDIOVISUAIS
A actividade enmárcanse dentro dos Proxectos documentais
que integran as Tic e o Proxecto Lector. Elaboración de guións, gravación e edición de documentais.
- Creación de audiovisuais sobre o Mosteiro de Santa Catalina e a súa contorna.
-Gravación da xornada lúdico-cultural no entorno do Mosteiro.
XOGANDO COAS MATEMÁTICAS
Medición da Torre do mosteiro e dun dos cedros do xardín utilizando o Teorema de Thales.
A MÚSICA NO MEDIEVO
Os alumnos de 3º e 4º de primaria realizarán, no claustro do mosteiro, a representación do baile medieval
que prepararon dentro das actividades que realizaron no seu proxecto sobre a Idade Media.
Ao peche da edición desta revista aínda non temos realizado a xornada de fin de curso no Mosteiro de
Santa Catalina, que será o luns 20 de xuño, polo que daremos conta de todo o acontecido na mesma, nos
nosos blogs e páxinas web do cole. Non volo perdades, seguro que estará xenial!!!
42
Do you know her? She´s our language assistant.
Her name is Rebecca Jane Allen. She´s 22 years old.
She´s got one brother and one sister. She lives in
the south-west of England, in The U.K.
She lives in a very small town called Sydling St.
Nicholas but she is studying languages at the Uni-
versity of Manchester. Her favourite sport is netball
and her favourite hobby is playing the violin. She
likes travelling. She travelled around Portugal,
France and Germany. Next year she´s going to work
in France and then it´s possible that she will go
back to University.
She liked being in Spain and she liked staying in
Galicia. She liked lots of things and shellfish the
most.
We are going to miss you.
Good luck!
This year we also celebrated Hallowe´en.
The hall on the first floor was decorated with
spiders, witches, bats and so on.
We carved and decorated pumpkin lanterns
which we did with our parents at home and
we took them to school to make a display.
This year the children in the sixth and fifth
year, started to prepare a project about The UK:
the countries, location in the world, in Europe, the
most important cities, its capital city, some food,
animals, sports, famous people...
We looked for information and learnt interes-
ting things.
43
This is a question that the curious people make themselves continuously. Many times we
remain with the doubt about things that interest us because we fear to be labelled of stu-
pid, but it is better to ask than to be an ignorant. Therefore we are going to list some
examples of facts, words or abbreviations that form part of our everyday time and
however we unknown the origin of the same.
British punctuality:
We usually use this expression when we want to make clear that we
are punctual or that something begins on time. However this is a myth because the Bri-
tish and their trains ( their “punctuality is worldwide known) do not suit to this fame.
The British and their trains arrive systematically five minutes late and when this occurs
it is said that they are punctual. This contradición can be very useful because from now
on, when you arrive five minutes late and someone is waiting for you watching his/her
watch, you can say: “British punctuality” And if you arrive ten minutes late, you can
apologize saying that you only arrive with five minutes late.
Sandwich:
Eating a sandwich is a common fact around the world. It's cheap, delicious and easy
to prepare. But which is the origin of this word?
This word comes from the British aristocrat John Montagu, 4th Earl of Sandwich. It
was said that he was a compulsive gambler and to avoid stopping the game to eat, he
would order that his food was brought to his table. Montagu's friends thought it would
be a great idea to bring him cold beef between two slices of bread. Later the snack
became known as “sandwich”.
Oscar:
This is the name of the gold statuettes that are awarded by the Academy of Motion Picture Arts
and Sciences in the USA. But they were not called like this until 1931, two years after the first
one had already been awarded. It is said that the Academy's librarian, Margaret Herrick, re-
marked that the statuette reminded her of her uncle Oscar. Apparently, a newspaper reporter
who was listening to, included this fact on his article and since then the word was associated to
the award.
Hooligan:
This word refers to a noisy violent person who causes trouble by fighting other people,
usually in football stadiums. It comes from the name Patrick Hooligan, a famous Irish
criminal from the XIX century who was often hired by certain restaurants, pubs and pu-
blic centres to “take care” of unwanted customers. There is also a theory that associates
the term with the Hooley gang that terrified London in the 1890s.
S.O.S:
How many times have we heard S.O.S.? They are the international letters to ask for help
meaningl "Save Our Souls" (Salvad Nuestras Almas) and in Morse code would be ...---... . we
have anothe expression which is also used in many war films meaning inminent danger
MAYDAY,MAYDAY...
it comes from the French m’aider, «venez m’aider» («venga a ayudarme»)
NBA: National Basketball Association. Who does not like a good match of the American profesional
basketball league?
We could continue, but it is enough for this number, so if you think it is interesting, we can follow next year!!
44
45
ATRÉVETE COS
XEROGLÍFICOS!!!
SORRISOS INFORMÁTICOS
APRENDENDO INFORMÁTICA
- Mamá, que fas en fronte da
computadora cos ollos pechados?
- Nada, fillo, é que Windows
díxome que pechara as pestanas...
ORDES
- A min ninguén me dá ordes!
- "2% de batería. Conecte o cargador".
- Vou.
PELÍCULA
Ábrese o telón e aparece a tecla
ENTER e, entre medias, cables de conexión.
Como se chama a peli?
OS INTROCABLES.
FACER A COADA
Que diferenza hai entre facer a coada
e utilizar Windows?
Que a coada non se colga soa.
REDES
46
Dende a Prehistoria...onde...
Estratigrafía pode ser: un tipo de escritura ou mapas que facían para facer unha estratexia.
Exvoto pode significar: tipo de persoa alta, voto asociado ás mulleres ou referencia aos que non poden vo-
tar.
Animista é igual a independente.
Xa na Idade Antiga atopamos...
Tartessos: Ten dous significados: os que mandaban ou poden ser edificios relixiosos
Olimpiadas: era unha festa.
Ostracismo:relixión.
Eneas: fillo de Augusto.
Cónsul: que dura pa toda a vida.
Alto Exipto: o faraón.
Asirios: eran deuses.
Silo: ferramenta para cortar árbores.
Tamén a Idade Moderna dá para moito…
Auto de Fe: é cando fas algo por Deus aínda que coste.
Hugonote: é un señor príncipe.
Crismón: era o Demonio.
Medicci: era unha raza de persoas.
Mercenario: cobrador de impostos.
Sacerdocio Universal: Intento de cambiar a Igrexa tendo so un sacerdote.
Compañía de Xesús: eran os Papás, curas e monaguillos, ou eran os apóstolos e os seus seguidores máis
fieis.
Enciclopedio: medio para difundir o " Ilustrismo".
Morgado: xudeu convertido ó Cristianismo.
Bartolomeu Diaz : aliouse cos pobos precolombinos, tamén foi pai de Fernando II .
Américo Vespucio: un americano.
Maquiavelo: un dos curas máis recoñecidos.
Tamén a Idade Contemporánea nos deixa as súas perlas...
Guerrillas: guerras pequenas en lugares cerrados e pouco espaciosos.
Waterloo: sitio onde desterran a Napoleón, ou reunión de alemáns.
Toma da Bastilla: Revolta de alemáns
Robespierre: Presidente alemán
Cortes de Cádiz: Cidades antigas de Cádiz.
Primeiro presidente da democracia: Franco.
Donde reside a soberanía? : Na Casa Real, nas Cortes e na Zarzuela.
Presidentes da democracia: Zapatero, Feijoo e Sánchez.
Aquí tendes unhas cantas definicións “confusas” dalgúns dos nosos alumn@s
Albares 2016

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Proposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundariaProposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundariasatelite1
 
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68satelite1
 
Moción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralMoción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralsatelite1
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15cacharila
 
Crónica celebración da same 2016
Crónica celebración da same 2016Crónica celebración da same 2016
Crónica celebración da same 2016satelite1
 
Intervención cpi virxe da cela
Intervención cpi virxe da celaIntervención cpi virxe da cela
Intervención cpi virxe da celasatelite1
 
Novas fichaxes monferosolidario
Novas fichaxes monferosolidarioNovas fichaxes monferosolidario
Novas fichaxes monferosolidariosatelite1
 
Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edsatelite1
 
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía GlobalXornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Globalsatelite1
 
Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015satelite1
 
Triptico foro ed
Triptico foro edTriptico foro ed
Triptico foro edsatelite1
 
Traballando intelixencias entre a universidade e a escola
Traballando intelixencias entre a universidade e a escolaTraballando intelixencias entre a universidade e a escola
Traballando intelixencias entre a universidade e a escolasatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergiosatelite1
 
Crónica xornada xanela aberta
Crónica xornada xanela abertaCrónica xornada xanela aberta
Crónica xornada xanela abertasatelite1
 
Crónica seminario internacional sobre o dereito á educación
Crónica seminario internacional sobre o dereito á educaciónCrónica seminario internacional sobre o dereito á educación
Crónica seminario internacional sobre o dereito á educaciónsatelite1
 
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14cacharila
 
I xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadeI xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadesatelite1
 
Crónica guadarrama
Crónica guadarramaCrónica guadarrama
Crónica guadarramasatelite1
 

La actualidad más candente (20)

Proposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundariaProposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundaria
 
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
Moción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralMoción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do rural
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
 
Crónica celebración da same 2016
Crónica celebración da same 2016Crónica celebración da same 2016
Crónica celebración da same 2016
 
Intervención cpi virxe da cela
Intervención cpi virxe da celaIntervención cpi virxe da cela
Intervención cpi virxe da cela
 
Novas fichaxes monferosolidario
Novas fichaxes monferosolidarioNovas fichaxes monferosolidario
Novas fichaxes monferosolidario
 
Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto ed
 
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía GlobalXornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Xornadas Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
 
Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015
 
Triptico foro ed
Triptico foro edTriptico foro ed
Triptico foro ed
 
Traballando intelixencias entre a universidade e a escola
Traballando intelixencias entre a universidade e a escolaTraballando intelixencias entre a universidade e a escola
Traballando intelixencias entre a universidade e a escola
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio
 
Crónica xornada xanela aberta
Crónica xornada xanela abertaCrónica xornada xanela aberta
Crónica xornada xanela aberta
 
Crónica seminario internacional sobre o dereito á educación
Crónica seminario internacional sobre o dereito á educaciónCrónica seminario internacional sobre o dereito á educación
Crónica seminario internacional sobre o dereito á educación
 
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
 
I xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadeI xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidade
 
Crónica guadarrama
Crónica guadarramaCrónica guadarrama
Crónica guadarrama
 

Destacado

Np retransmitindo o vindel
Np retransmitindo o vindelNp retransmitindo o vindel
Np retransmitindo o vindelsatelite1
 
Apuntes Gramatica
Apuntes GramaticaApuntes Gramatica
Apuntes Gramaticaxenevra
 
Bases concurso fotografía concello de Ares
Bases concurso fotografía concello de AresBases concurso fotografía concello de Ares
Bases concurso fotografía concello de AresYolanda Castro
 

Destacado (6)

Np retransmitindo o vindel
Np retransmitindo o vindelNp retransmitindo o vindel
Np retransmitindo o vindel
 
Apuntes Gramatica
Apuntes GramaticaApuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
 
Formulario 2
Formulario 2Formulario 2
Formulario 2
 
Formulario 1
Formulario 1Formulario 1
Formulario 1
 
Son poeta porque me peta
Son poeta porque me petaSon poeta porque me peta
Son poeta porque me peta
 
Bases concurso fotografía concello de Ares
Bases concurso fotografía concello de AresBases concurso fotografía concello de Ares
Bases concurso fotografía concello de Ares
 

Similar a Albares 2016 (20)

Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)
 
Resumen xuntanza
Resumen xuntanzaResumen xuntanza
Resumen xuntanza
 
Intercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticasIntercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticas
 
Innovación
InnovaciónInnovación
Innovación
 
Presentación mediación polo alumnado
Presentación mediación polo alumnadoPresentación mediación polo alumnado
Presentación mediación polo alumnado
 
Servizo de mediación no ies elviña definitivo
Servizo de mediación no ies elviña definitivoServizo de mediación no ies elviña definitivo
Servizo de mediación no ies elviña definitivo
 
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
 
Mapa conceptual
Mapa conceptualMapa conceptual
Mapa conceptual
 
Conclusións world
Conclusións worldConclusións world
Conclusións world
 
A revista escolar definitiva
A revista escolar definitivaA revista escolar definitiva
A revista escolar definitiva
 
Crónica se ti podes, por que non
Crónica se ti podes, por que nonCrónica se ti podes, por que non
Crónica se ti podes, por que non
 
Sen profes non hai escola secundaria
Sen profes non hai escola secundariaSen profes non hai escola secundaria
Sen profes non hai escola secundaria
 
Guia curso curso 20-21
Guia curso   curso 20-21Guia curso   curso 20-21
Guia curso curso 20-21
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17 Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Pxa 20 21
Pxa 20 21Pxa 20 21
Pxa 20 21
 
Pxa 2018 19
Pxa 2018 19Pxa 2018 19
Pxa 2018 19
 
Sen profes non hai escola primaria
Sen profes non hai escola primariaSen profes non hai escola primaria
Sen profes non hai escola primaria
 
Dúbidas
DúbidasDúbidas
Dúbidas
 
Revista quinsa xxii definitivo.
Revista quinsa xxii definitivo.Revista quinsa xxii definitivo.
Revista quinsa xxii definitivo.
 

Más de Yolanda Castro

CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUALCHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUALYolanda Castro
 
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURABOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURAYolanda Castro
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundariaCarballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundariaYolanda Castro
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020Yolanda Castro
 
Bases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatosBases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatosYolanda Castro
 
través del podes desatar a túa imaxinación
 través del podes desatar a túa imaxinación través del podes desatar a túa imaxinación
través del podes desatar a túa imaxinaciónYolanda Castro
 
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Yolanda Castro
 
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaManifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaYolanda Castro
 
La silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoLa silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoYolanda Castro
 
A cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoA cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoYolanda Castro
 
Plantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoPlantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoYolanda Castro
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoYolanda Castro
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Yolanda Castro
 
Ecoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaEcoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaYolanda Castro
 
My reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaMy reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaYolanda Castro
 
My experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaMy experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaYolanda Castro
 
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoPrograma xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoYolanda Castro
 
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroManifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroYolanda Castro
 
Bases concurso Fotografía Concello de Ares
Bases concurso Fotografía Concello de AresBases concurso Fotografía Concello de Ares
Bases concurso Fotografía Concello de AresYolanda Castro
 

Más de Yolanda Castro (20)

CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUALCHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
 
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURABOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundariaCarballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
 
Bases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatosBases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatos
 
través del podes desatar a túa imaxinación
 través del podes desatar a túa imaxinación través del podes desatar a túa imaxinación
través del podes desatar a túa imaxinación
 
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
 
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaManifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
 
La silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoLa silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustrado
 
The red chair
The red chairThe red chair
The red chair
 
A cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoA cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustrado
 
Plantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoPlantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiago
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019
 
Ecoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaEcoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y Marta
 
My reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaMy reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatia
 
My experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaMy experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatia
 
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoPrograma xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
 
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroManifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
 
Bases concurso Fotografía Concello de Ares
Bases concurso Fotografía Concello de AresBases concurso Fotografía Concello de Ares
Bases concurso Fotografía Concello de Ares
 

Albares 2016

  • 1.
  • 2. 1 EDITORIAL Na edición deste ano de Parlamentoxove, unha competición de debate de centros de secundaria, presentábase como cuestión de discusión o papel determinante ou non do profesorado no futuro dos alumnos e alumnas. Á marxe das habilidades oratorias de cadaquén, os argumentos máis convincentes asentaban que o contexto social do grupo e sociofamiliar do alumnado condicionaban en maior medida as expectativas ca o mestre. Que papel lle queda daquela ao docente?. Resignarse xa que non pode reverter esa determinación do ambiente sociofamiliar?. Acomodarse ao rol complementario que lle atribúe a súa incidencia? Nin de c… O estigma que arrastramos os individuos condiciona, pero non anula todas as posibilidades que se abren nas diferentes etapas vitais. Na escolar, os mestres son a ventá a esa oportunidade de mellora, os guías, os modelos éticos e profesionais. Cando alimenta a confianza nun rapaz; cando potencia mesmo as súas escasas habilidades; cando respecta, atende, coñece e pesa as circunstancias que arrastra cada neno ata a aula; cando considera a todas e cada un; cando responde ao papel profesional, está modelando en positivo. Esa función é imprescindible e gratificante ao máximo. No mes de maio púxose a proba o valor uniformador das reválidas. Esas portas intermedias que cren que a clasificación numérica é a mais acaída para organizar a valía académica, e social, do alumnado. Ese exame non considera, non atende, non confía, non coñece ningunha causa que xustifique a evolución de cada alumna ou alumno. Non haxa dúbida, vai servir para confirmar o seu rol , vai abrir a laña, a cicatriz social que xa está gravada na personalidade dos menos favorecidos. Aí entra o mestre. Cunha pequena porcentaxe de apoio que consiga inxectar, vai provocar un salto de chanzo, unha sutura na ferida social dos individuos marcados. As administracións de cando en vez crean normas para adular a quen xa ten o vento a favor, eses non precisan case de mestres, van sós; os exames externos confirmarán o éxito académico e social. O profesorado axudou nesa meta, pero o seu significado transcendente adquíreo cando foi esteo do marcado, do desafiuzado social. AGRADECEMENTOS E DESPEDIDA DO PROFESORADO O equipo directivo despois de tan- tos cursos compartidos quere ma- nifestar o agradecemento aos se- guintes compañeiros: Manoli Vilar, abandona esta etapa para iniciar unha nova na que lle desexamos moita felicidade. Bota- remos de menos sobre todo, os seus deseños de disfraces.... Marisa Areal, Carmen Soto, Jorge Gutierrez e Xoan Barrio trasladan o seu destino a outro centro no que atoparán novos proxectos, traba- llos que sen dúbida lles enriquece- rán. Desexámoslles unha boa e no- va etapa educativa. Aos profesores que estiveron provi- sionais, Natalia Dopazo, Alberto Conejo, Olalla Ochoa, Tania Gara- boa, Lili Martínez e Begoña Rego que seguen pendentes do novo destino e tamén desexámoslle moi- ta sorte na súa andaina. Ao alumnado de 4º de ESO que fi- nalizan esta etapa educativa para seguir cos seus estudos noutros centros. Seguide estudando, non abandoedes a idea de facer da vosa vida algo extraordinario; non per- dades o ánimo que todo o traballo realizado terá a súa recompensa. Equipo Directivo REVISTA ESCOLAR XUÑO 2016 Nº 5 Edita: Equipo de Dinamización LingüísticaXoán Barrio Profesor de galego ALBARES CPI “Conde de fenosa”. ares
  • 3. 2 MATEMÁTICAS NA RAIA 2016 Un curso máis, AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Por- tugal) convocaron unha nova edición da actividade “Matemáticas na Raia” que se desenvolve en Galicia e no norte de Portugal e que por segundo ano conta coa participación do noso alumnado. Nesta edición foron os alumnos de 3º ESO de Mate- máticas Académicas os que, na tarde do 14 de abril, se enfrontaron aos cinco problemas propostos de forma colaborativa como grupo-clase. Moitas grazas aos alumnos e aos profesores pola ilusión e ganas de formar parte desta experiencia¡¡ Actividades do departamento de matemáticas XVIII OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA DE 2º DA ESO Co fin de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da resolución de problemas, AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) organizou unha nova edición da Olimpíada Matemá- tica Galega para o alumnado de 2º da ESO. Un ano máis o noso centro tomou parte nesta actividade coa parti- cipación de catro alumnos: - Icía Bermúdez Fornos, de 2ºA - Álvaro Freire Ares, de 2º A - Mario Martínez Vilariño, de 2ºB - Verónica Rodríguez Martínez, de 2ºB A fase local tivo lugar o día 21 de abril no IES Carballo Calero (Ferrol) e desta fase saíu seleccionada para a proba zonal da Olimpiada Verónica Ro- dríguez Martínez. Moitas grazas aos alumnos e as súas familias por animarse a formar parte desta actividade, e tamén grazas ao IES Carballo Calero por tratarnos tan ben e por encargarse da organización da fase local. GAÑADORES NA “V SEMANA PROBLEMÁTICA” Celebrouse no centro a V Semana Problemática. Foron cinco xornadas nas que os alumnos/as de secudaria participaron resolvendo problemas. Os gañadores foron: Laura García Vila Anxo Garrote Elena Martínez Icía Bermúdez
  • 4. REFLEXIÓNS SOBRE O CAMBIO DO NOME DO NOSO CENTRO Quién pretenda una felicidad y sabiduría constantes, deberá acomodarse a frecuentes cambios. (Confucio) Como xurdiu a idea? Entre os meses de abril e maio de 2014 nunha conversa coa profesora de Ed. Plástica e Visual, Marisa Areal Vila, comenteille se sería posible facer un concurso de LOGOTIPO para ter un membrete do centro diferente, actualizado e vistoso. Nesa conversa informal, esta profesora (que xustamente cando se vai reali- zar este proceso nos abandona!!!) comunícame que para facer un LOGOTIPO, o nome ten que inspirarte e o “Conde de Fenosa” non inspira moito, non?. Entón é cando xorde a idea do cambio de nome. O día 28 de maio na reunión do equipo directivo, comento esta posibilidade de levar ao claustro o cambio do nome do centro e eles son partícipes da idea. Coméntoo coa Inspectora -nese momento do noso centro- (Elena Urtiaga) para ver como podemos solici- tar ese cambio e indícame que se están o Claustro e o Consello Escolar de acordo así como o Concello, en- víase a certificación desa aprobación á Inspección que o remitirá cun informe favorable á Xefatura Territo- rial e á Consellería, que é quen de aprobalo definitivamente e non poñería ningún problema. A proposta levámola ao Claustro de profesorado co acordo do 99%. Entramos na voráxine fin de curso e Daniel Cabal, o noso profesor de Tecnoloxía, que escoitou a conversa e que está a favor do cambio do nome e do membrete, sendo un dos impulsores do mesmo, ponse mans á obra, algo que lle agradecemos. Así comeza ese cambio de membrete, aínda sen realizar o proceso do cam- bio do nome do centro. Membrete antigo Membrete actual, máis estético e moderno No curso anterior, estivemos inmersos en numerosos proxec- tos, PFPP e deixamos de lado ese cambio de nome. Chegado este curso, ante unha nova Directiva da ANPA, e debido a unhas reunións do equipo directivo con eles para organizar actividades extraescolares e outras cuestións en colaboración con eles, coméntannos a posibilidade de ofertar ás familias un uniforme polo que sería importante que hoube- se un logotipo do cole!!! Aí foi cando o equipo directivo recor- dou a posibilidade de levar a cabo o proxecto do cambio do nome do centro. 3
  • 5. Como se levou a cabo o proceso? Xorde así unha reunión coa coordinadora do equipo de dinamización, Yoli, para ver como podemos por fin levalo a cabo e estableceuse un pequeno proxecto:  Constituímos unha comisión formada polo equipo directivo, a coordinadora de EDL e a coordi- nadora de actividades extraescolares.  Aprobamos as bases que regularían o proceso.  Realizaríamos un período para que toda a Comunidade Educativa: alumnado, profesorado, fa- milias achegasen as súas ideas xustificadas para o novo nome.  A comisión reuniuse para elixir 3 nomes os máis e mellor xustificados.  Realizouse unha votación na que participou a maioría do alumnado, profesorado e familias do centro.  Unha vez feito o reconto aprobouse o novo nome “AS MIRANDAS” co levantamento das actas.  Informamos e solicitamos a aprobación do Claustro e do Consello Escolar.  Solicitamos ao Concello a súa aprobación.  Enviamos toda a documentación á Inspección Educativa, recibindo a comunicación favorable do inspector.  No DOG do 19 de maio de 2016 publicouse a autorización do cambio de nome do CPI “Conde de Fenosa” por CPI ”As Mirandas” Este proceso é colaborativo e o obxectivo final é progresar contando co cambio do nome como o elemento motivador. 4
  • 6. Concurso logotipo do centro A ANPA contando coa colaboración do equipo directivo e profesorado do centro, convoca un concurso para elixir o logotipo co novo nome. Neste concurso participou activamente o alumnado do centro aos que agra- dezo os seus traballos e a colaboración que sempre manifestan. O día 20 de maio un xurado elixe os 3 logotipos máis identificativos dos que sairá elixido o gañador. O día 25 de maio convócase a toda a comunidade educativa a unha nova votación na que se obteñen os seguintes resultados: 1º CLASIFICADO, CON 294 VOTOS : MARTIN FERNANDEZ HERMIDA ( 6º PRIMARIA ) 2º CLASIFICADA, CON 101 VOTOS: ROCIO ANCA GUERRERO ( 3º ESO ) 3º CLASIFICADA, CON 48 VOTOS : ANA MARTINEZ FERNANDEZ ( 4º ESO ) 2 VOTOS EN BRANCO Agradezo á colaboración neste proceso ao equipo directivo, profesorado, alumnado e a ANPA moi implicados en todo momento. Manifesto uns agradecementos especiais:  á profesora, Marisa Areal, que foi a impulsora deste cambio.  a alumna, Ana Martínez, que ilustra, dinamiza e achega novas ideas á vida do noso centro cos seus traballos (ambas as dúas abandóannos precisamente por un novo cambio de centro). Deséxolles un bo comezo nesa nova etapa e un bo progreso.  Ao alumno Martín Fernández Hermida, de 6º de Primaria, pola xustificación e logotipo que a partires de agora será o distintivo do noso centro.  así como ao profesor, Daniel Cabal, polo deseño dos membretes do centro. Blanca Cortizas Gómez (Directora) LOGOTIPO GAÑADOR LOGOTIPO 1 LOGOTIPO 2 5
  • 7. Como ben sabedes levamos varios anos traballando o audiovisual no noso cole. Comezamos facendo peque- nos vídeos e presentacións sobre as distintas actividades que se ían realizando no noso centro. Grazas a varios cursos de formación sobre fotografía e imaxe que levamos a cabo no centro (PFPP) aprendemos a utilizar diferentes editores de vídeo, diversas técnicas de montaxe, o uso do chroma key, etc. Todo iso serviunos para utilizar o recurso audiovisual nas nosas aulas e... este curso superámonos!!!. Practicamente todos os proxectos que realizamos nos diferentes niveis tiveron como produto final un vídeo educativo. As potencialidades que iso nos ofrece repercuten na creación de novas contornas, tipos e facilidades para a aprendizaxe; aspectos que van desde a modificación da interacción comunicativa unidireccional entre profesor alumno, ata a reforma física-espacial-temporal dos escenarios de aprendizaxe sen esquecer as posibilidades que poden ofrecer para o autoaprendizaje e aprendizaxe cooperativa entre os alumnos/as de diferentes contextos físicos e culturais. A práctica de facer vídeos educativos percibímola xa non como meros transmisores de información, senón que recoñecemos as posibilidades que teñen como elementos de expresión e aprendizaxe. Traballar o audiovisual cos nenos e nenas, mozos e mozas de diversas ida- des é emocionante. O resultado, impresionante. Desde producións tes- moitalingua achegamos o noso centro ao mundo co lipdub Vila Soñares, homenaxeamos aos nosos autores galegos co documental “Obras cheas de galicia”, percorremos as distintas etapas da historia cos proxectos da ida- de media, os romanos, os celtas, os gregos, os exipcios, os astronautas, achegamos a lingua de signos á comunidade e máis aló do noso cole coa curta Abraio, chegamos en dúas ocasións á final do Festival Audiovisual Olloboi e..... seguiremos!!!. Desde a nosa pequena e humilde produ- tora “tesmoitalingua” parabéns por todos os traballos e vídeos que fixestes, sobre todo este curso, no que as vosas dotes artísticas sobresaíron máis que nunca. Para o ano... máis e mellor!!!! Con o actor Miguel de Lira na final Olloboi 6
  • 8. Este ano o Primeiro Curso e Segundo Curso de primaria decidimos levar a cabo un proxecto de aula, que leva por título “Quen fomos, quen somos e quen seremos”. Nel investigamos sobre a orixe dos Dinosaurios, a súa extinción, o nacemento e evolución dos homínidos, o Paleolítico, o Neolítico, as primeiras Civilizacións: Os Exipcios, Celtas, Gregos e Romanos. Quedamos nos Musulmáns e, para o próximo curso, seguiremos coas etapas da Idade media o Renacemento… Gozamos un montón facendo, investigando, sentindo, creando, vendo, tocando, compartindo, en definitiva aprendendo unha morea de cousas. Nas seguintes imaxes podedes ver algunhas das moitas cousas que fixemos na clase: pintamos pedras como no neolítico, fixemos colares, pegadas de dinosaurio, murais... Magosto Tamén para o Magosto fixemos unhas coroas e saquiños coa temática dos homes primitivos e Dinosaurios. 7
  • 9. Samaín Para o samaín, e seguindo co proxecto, fixemos cabazas coa temática dos Dinosaurios e Homes prehistóricos. Quedaron preciosas. Entroido E tomando este proxecto como eixo conductor, este ano fomos todo o cole disfrazados dunha civilización. A nós os de 1º, to- counos ir de Celtas. Fixemos os disfraces, os escudos e espadas con cartóns, con trisqueles, e ata viñeron Druídas e Bardos. Ademais levamos unha casa castrexa que fixemos na clase. Pero tamén o resto dos cursos desfilaron polas rúas da nosa vila ves- tidos de cabaleiros, romanos, exipcios, piratas, astronautas… Todo un desfile histórico cheo de cor e ledicia. E para rematar ao final da xornada, merendola!!!!!!. Que ben o pasamos!!!!!! 8
  • 10. 9
  • 11. 10
  • 12. Co motivo de defender e protexer o estudo da arte e da música nos centros e de concienciarnos da importancia da reciclaxe, as alumnas e alumnos de 2º ESO, na clase de educación para a cidadanía, fixemos instrumentos mu- sicais a partir de materiais de refugallo, para participar na segunda edición de mail-art que se celebra no noso colexio, e que este ano ten o lema Arte SOS. Comezamos na clase de música, vendo un vídeo da orquestra de Cateura, formada por mozos e mozas dun barrio humilde en Paraguai, que fan mú- sica con instrumentos reciclados. A partir do vídeo collemos ideas, dividi- mos a clase en grupos e, coa axuda de internet, comezamos a traballar ca- da grupo un instrumento: pandeireta, violín, bongós…. En primeiro lugar elaboramos unha ficha de cada instrumento dicindo nela os materiais necesarios e as instrucións para fabricalo. Despois, entre os membros do grupo, conseguimos os materiais e, nas clases de cidadanía con Te- resa e coa colaboración de Daniel o profesor de tecnoloxía, que nos axudou e nos deixou o taller, fomos dando forma aos nosos proxectos. Finalmente, decoramos os instrumentos e puxémoslles a cada un unha frase do que queríamos transmitir co noso traballo. Ademais tivemos a oportunidade de gozar dun obradoiro a cargo dun músico profesional que nos ensinou a facer verdadeira música cos instrumentos reciclados. Verónica Rodríguez Martínez. 2º ESO B 11
  • 13. 12 Este ano seguimos coas nosas actividades solidarias, entre as que desta- can a V Carreira Quilómetros de Solidariedade e a Operación Quilo. Aínda que o tempo non nos acompañou, os de secundaria, fieis ao seu compromiso, saíron á rúa coa ilusión de sempre, e os de infantil e pri- maria realizaron as súas carreiras no pabillón. Todo un esforzo de soli- dariedade a dos nosos alumnos/as que conseguiron recadar nada menos que 1030€ para os programas de desenvolvemento e emerxencia que a ONG Save the Children leva a termo para combater a desnutrición in- fantil nos países máis empobrecidos. Tamén subliñar que recollemos preto de 400 quilos de alimentos que foron repartidos entre Cáritas de Ares e a Cociña Económica de Ferrol. Grazas a tod@s pola vosa solidariedade e por suposto á nosa atleta Paula Mayobre que sempre está disposta a acompañarnos nas nosas iniciativas solidarias.
  • 14. Polo equipo de redacción de 4º PDC Na Serra da Loba aparecen entre as mámoas megalí- ticas uns edificios que aparentemente son como cal- quera outro. Non obstante, se ficamos un anaco máis aló comprobamos que estamos en Sotavento, un dos poucos lugares onde podemos aprender máis dos re- cursos renovables e a eficiencia enerxética. Recomen- damos a visita á casa bioclimática, aos aeroxeradores e á reprodución da mámoa que se atopa no exterior, así como contratar unha visita guiada co persoal da estación. A casa bioclimática atopase enriba dunha montaña que escavaron de Leste-Oeste. Tamén puxéronlle ma- togueiras para facer de parapeto. Ademais a casa iluminase grazas as placas fotovoltaicas que almace- nan a luz do sol. Así mesmo é unha casa bioclimática porque serve para regular a temperatura nas dife- rentes estacións do ano. Sería maravilloso vivir nunha casa destas características porque permítenos aforrar cartos e enerxía á vez que gozamos dela. En canto aos aeroxeradores están situados na Serra da Loba. Existen de diferentes empresas como Game- sa ou Navantia. Para moverse utilizan o apoio dun cataventos, que xira e serve para dar a dirección do vento e un anemómetro que da a velocidade do ven- to. Calquera fallo no control dos eólicos ten como consecuencia que non funcione, pero normalmente posúen un bo mantemento.A súa colocación é com- plicada xa que deben enfrontarse moito tempo ao vento, por iso necesitan uns cálculos estruturais moi precisos, a diferenza dun eólico pequeno dunha casa unifamiliar como a casa bioclimática. Os eólicos transforman a enerxía do vento en electri- cidade e ademais baixan o prezo da electricidade nos mercados e así facilitan a xestión da demanda eléc- trica. A pesar de ser enormes e ter un evidente im- pacto na paisaxe, ben é certo que nos serven para non depender dos combustibles fósiles e axudar a di- minuír o diminuír o aumento do efecto invernadoiro. Estamos a ver a Casa Bioclimática Parque eólico 13
  • 15. Non debemos rematar esta descrición de Sota- vento sen facer mención á abundancia dos res- tos arqueolóxicos da época dos dolmens que fan reflexo do pasado megalítico da rexión. A posi- bilidade de entrar nunha delas permítenos ima- xinar o medo que debían sentir os descendentes daquelas persoas no seu momento. Os guias que nos acompañaron mostraronse correctos e agradables en todo momento.O alumnado indicou que en xeral as explicacións foron claras, amenas e longas. De entre esas persoas a máis destacada foi Manuel. As súas explicacións foron extensas e amenas a pesar de que falara moi rápido. Por outra banda resol- veunos moitas das dubidas que tiñamos, porque se non entendiamos a información que nos pre- sentaba, el intentaba outros recursos para que o entenderamos. Ademais a súa actitude cara os profesores e o alumnado foi moi grata. Tras pasar una enquisa para coñecer a utilida- deda visita para os estudantes de segundo da E.S.O, podese afirmar que estes rapaces e rapa- zas tiñan certas expectativas sobre a visita: sa- ber cousas sobre os aeroxeradores e aprender sobre o aforro de enerxía. Ao final as súas ex- pectativas cumpríronse a medias. Por outra banda, a mairía deles indicaron que lles gusta- ría ter unha casa Bioclimática no futuro; tamén todas as persoas creen que a casa Bioclimática serviríalles para aforrar enerxía e cartos no fu- turo. Por outra banda, so a metade das persoas pensan que os estudos tecnolóxicos e científicos axudan ao desenvolvemento dos aeroxeradores só nos países desenvolvidos. Así pois cremos que esta visita serviunos para aprender como aforrar enerxía de diferentes formas xa que o noso país utiliza recursos fósiles doutros países.Se seguimos utilizando estes fósi- les serían moi custoso para a nosa sociedade.Por iso é mellor utilizar outras fontes de enerxías renovables. Equipo de redacción: Sergio Amenedo, Djibril Diagne, Lara Rey, Birama Fall, Eva Rúa, Alba Teijeiro. Simbolo que mostra que non ten obselescencia Dólmenes. Restos arqueolóxicos Foto de grupo dentro da casa bioclimatica 14
  • 16. 15 PROXECTO “OS ESPAZO” DOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS Os pequerrechos de 5 anos estiveron a traballar no 2º trimestre sobre o espazo, e aprenderon moitas cou- sas sobre os planetas, a NASA, os astronautas, as galaxias....Nos seguintes códigos QR podedes ollar o resul- tado deste interesante proxecto . PROXECTO "OS PIRATAS" DOS NENOS E NENAS DE 4 ANOS Este é o proxecto dos PIRATAS, que fixeron os nenos e nenas de E.I. de catro anos no segundo trimestre. Nel cóntannos todo o que aprenderon sobre os piratas: ónde viven, qué piratas coñecen, partes dun barco pira- ta, cancións poemas e adiviñas... Vede que chulo. Aquí tendes o resultado.
  • 17. 16 PROXECTO “FADAS E TRASNOS” DOS PEQUERRECHOS DE 3 ANOS. Que son as fadas e os trasnos ?. Que características os fan similares e cales os diferencian?. Onde vi- ven ?. Que comen ?. Como e por qué aparecen ou desaparecen ? Todas estas e outras moitas cousas aprenderon os pequerrechos neste máxico e fantástico proxecto. DICCIONARIO DE IMAXES E PALABRAS Desde as aulas de infantil presentan o proxecto “Dicionario de imaxes e palabras”, co que pretenderon ela- borar un dicionario con imaxes feitas polos nenos/as referido ás catro estacións do ano. Así, fixeron debuxos, muráis e uns vídeos super chulos que podedes ollar nos código que tendes a continuación.
  • 18. O 23 de abril, é unha data simbólica para a literatura universal e este ano cúmpren- se 400 anos da morte do gran dramaturgo español Miguel de Cervantes Saavedra (1547-1616), autor da que se considera a primeira novela moderna e unha das me- llores obras da literatura universal. Desde o noso cole unímonos a esta conmemoración e, aproveitando que estamos a ce- lebrar o Día do Libro, alumnos/as, profes e persoal non docente realizamos unha lec- tura continuada duns dos capítulos. Podedes vela no código QR. Ademais de participar na lectura do Quijote, os nenos e nenas do 2º ciclo de primaria fixeron uns marcadores "comelibros" e estes bonecos que bautizaron co nome de Lectoriños E os nenos e nenas de infantil traballaron sobre a figura de Miguel de Cervantes e fixeron es- tes marcadores tan chulos. Que fenómenos que son!!!! 17
  • 19. AS ALUMNAS DA ESO CREAN CONTOS PARA OS MÁIS PEQUENOS Para conmemorar o “Día Internacional dos Dereitos da Infancia” 4 alumnas de 4º ESO, Ana, Mayolla, Paola, Alba e Lara, estiveron preparando na clase de reli, durante va- rias semanas, unha actividade para os nenos e nenas de infantil e primaria. A actividade consistiu na creación e representación do conto “Antón, o neno que non quería ir á escola”. Con el quixeron subliñar o dereito á educación e o valor que ten para todos nós poder contar con escolas e profes para poder aprender. Asemade sumámonos á reivindicación da CME (Campaña Mundial pola Educación), a través da cal pedimos aos representantes políticos que se comprometan co Dereito á Educación no mundo e que sintan que a sociedade á que representan así o quere. Parabéns a tod@s por facelo tan ben e demostrar as vosas capacidades creativas, e felicitar tamén de mo- do especial a Ana Martínez que unha vez mais amosou as súas dotes de ilustradora creando á Antón, o personaxe do noso conto, así como a portada da revista deste ano. Parabéns Ana, es unha artistaza!!! SAME 2016 Semana de acción mundial pola educación 18
  • 20. 19 MANUEL MARÍA, A TERRA POETIZADA Neste ano 2016 homenaxeamos a Manuel María. Este poeta chairego pertence á Xeración das Festas Minervais, pois comeza a publicar arredor dos anos 1950 nos concursos literarios pro- movidos pola Universidade compostelá. Nace o 6 de outubro de 1929 en Outeiro de Rei. No primeiro contacto coa escola sorprendeuno que o seu mestre se dirixise aos alumnos só en castelán, cando todos eles se expresaban en galego. Ao morrer seu pai foi vivir a Lugo baixo a tutela do seu tío don Xosé, pá- rroco de San Froilán. O ambiente cultural da nova residencia permitiulle contactos con escritores importantes da literatura galega ( Cunqueiro, Fole, …). Ao rematar o bacharelato iniciou estudos de Dereito en Santiago, aínda que non conseguiu rematalos. Con todo, permitíronlle traballar de procu- rador de tribunais, función que desenvolveu ao tempo que rexentaba a li- brería Xistral en Monforte de Lemos. Unha vez xubilado, instálase na Coru- ña xunta a muller Saleta Goi ata a morte no 2004. Foi un autor moi produtivo, pois chegou a publicar máis de 50 libros na súa vida, aínda que non só de poesía, tamén narrativa, teatro e ensaio. A primeira incursión na poesía faina con Muiñeiro de brétemas, poemario tristeiro que se inscribe na denomi- nada Escola da Tebra e estas badaladas de bardo morriñoso que me fan doer a alma Pouco tempo despois, publica Terra Chá, o texto máis identificativo de Manuel María, no que retrata os ritos populares, os traballos diarios, a paisaxe … da comarca chairega. A Terra Chá somentes é: un pobo aquí e outro acolá Nas múltiples edicións do poemario chegou a duplicar o número de poemas na última tirada con respecta á primeira. No amplo repertorio da súa obra conviven temáticas moi variadas. Un bloque importante é aquel de carácter reivindicativo, social, no que denuncia as inxustizas, cuestiona o poder, defende a lingua teño lingua nai teño lingua pai e teño lingua filla declara o seu patriotismo Galiza somos nós: a xente mais a fala pero tamén se apunta a liñas máis intimistas como o canto á beleza, en A luz resucitada SEMPRE a rosa, Sempre: … a luz a perfección da luz
  • 21. 20 O amor, tanto sensual como patriótico eu só son, amiga, feliz co teu amor A poesía era o seu xeito natural de se expresar, de comunicar a visión do mundo. Con todo, era consciente do papel limitado da lírica Seque os versos non valen pero sigo escribindo sen parar. Era consciente da humildade do seu ser Manuel María- xa o sabedes- é o meu nome feble, corto, esguío e tan desamparado que sempre o usei sen apelidos Artigos en prensa, ensaios literarios, … iniciativas culturais varias completan a súa identidade. Os premios e re- coñecementos gratificaron ese labor multidisciplinar. COLECTIVO LILIANAMIVEMA (Manuel Fernández, Lidia Martínez, Naím Moya, Miguel Oliveira, Lía Rodríguez, Vera Varela) Este ano concorren tres situacións culturais interrelacionadas e á vez independentes. Conmemórase o centenario da creación das Irmandades da Fala, que aló polo 1916 botaron a andar nos Cantóns coruñeses; choramos a morte de Neira Vilas, reporteiro do rural; e homenaxeamos a Manuel María, creador da poesía da Terra. E para dar constancia delo dende o noso centro o CPI Conde de Fenosa realizamos o documental “Obras cheas de Galicia”, idea de Ana Martínez alumna de 4º de ESO, en colaboración con algúns dos seus compañeiros que poñen voz a unha escolma de poemas dos autores, o EDLG e o departamento de lingua galega. Podedes ollar o documental no seguinté código QR. Sonetos á casa de Hortas para medila só valen dúas mensuras ferrados de corazón, fanegas de alma! Terra Chá a morte vou…facéndome, para sempre, terra túa, e ensumíndome, calado, no teu seo.
  • 22. Ao longo do ano escolar, realizamos varios murais entre todo o alumnado de 3º e 4º. No mural, técnica artística tan antiga que xa nas pinturas rupestres podemos ver a súa orixe, conxúganse aspectos de convivencia, a arte e súas relacións interdisciplinares, etc. É un proxecto colectivo, no que participa todo o alumnado e que vai posibilitar a representación dunha idea servíndonos da linguaxe artística. Este curso, todos os murais que realizamos foron sobre papel continuo pegado á parede (polo tanto efímeros), con témperas e pinceis. A temática relacionada con fes- tividades: O Samaín, O Magosto, Nadal, Antroido, Día da Terra, Día das Letras. Os indicadores de éxito foron a valoración da obra e os niveis de satisfacción dos participantes e da co- munidade educativa . Medramos. http://xamedramos.blogspot.com.es/2016/05/os-murais-de-todos-para-todos.html) 21
  • 23. Como todos sabedes o 8 de marzo celébrase en todo o mun- do o Día Internacional da Muller. Unha celebración que, so- bre todo, é unha reivindicación social e unha ocasión de facer un reconto dos progresos realizados cara ao logro da igual- dade de xénero. E para conmemorar esta data realizamos unha morea de actividades en todos os niveis. Os nenos e nenas de primaria investigaron e aprenderon moito sobre unha chea de sorprendentes mulleres que foron coñecendo ao longo da semana: escritoras, deportistas, artistas, científicas, activistas… Polas nosas aulas foron discurrindo Malala, Ruth Beitia, Ana Frank, María Montessori, Rosalía de Castro e un largo etcé- tera. Mulleres impresionantes que coa súa vida e traballo son un exemplo para todos nós. En Plástica coñecemos a Maruja Mallo, a gran pintora galega da Xeración do 27, que aínda hoxe é unha gran descoñecida para unha gran maioría. Homenaxeámola pintando as nosas versións dos seus "retratos bidimensionais". Os nenos e nenas de infantil coñeceron a Frida Kahlo, gran pintora e loitadora contra o machismo da súa época, rea- lizando un mural sobre ela e apren- dendo moitas cousas sobre a súa vida. En secundaria, Ana, Lara, Alba, Paola e Mayolla, grandes dinamizadoras do noso centro, realizaron un pro- grama especial de radio no que fixeron un repaso á historia deste día así como un recoñecemento á vertente feminista de Rosalía de Castro, poetísa que tan ben soubo plasmar na súa obra que a muller tamén sente e padece, que as mulleres podían protestar, queixarse do que lles faltaba e do que lles arrebataran, e non contentarse con formar unha familia e calar para sempre. Podedes escoitalo neste código QR 22
  • 24. Este curso tivemos de novo a oportu- nidade de conectarnos vía Skype e rea- lizar unha videoconferencia coa base española Gabriel de Castilla, situada na Illa Decepción, na Antártida. Entre os militares e científicos que traballan nesta estación española atópase Javier Cristobo, un aresán que a parte de mergullarse nas xélidas augas polares, leva anos inmerso no mundo da inves- tigación biolóxica. En riguroso directo Cristobo e outros compoñentes da misión (científicos e membros do exér- cito de terra) explicáronnos en que consistía a súa labor e o traballo que estaban a realizar, pero o máis im- portante foi que os rapaces e rapazas puideron falar con eles, facerlles preguntas e coñecer de cerca o proxecto que están a realizar. Incluso puidemos apadriñar algún pingüino no programa de apadriñamento que levan a termo na Base Española. Con grande simpatía e coñecemento, contestaron cada unha das preguntas formuladas polos rapaces da ESO e incluso saíron da base para amosarnos o exterior das instalacións. Desde o noso centro agradecemos á BAE española e a todos os que alí traballan o seu esforzo por colaborar cos centros educativos acercando a todos os rapaces e rapazas os seus traballos de investigación e todo o que están a facer tanto militares como investigadores e, de un modo especial, ao noso paisano e amigo Javier Cristobo por darnos a oportunidade de realizar de novo esta videoconferencia alén dos nosos mares. VIDEO CONFERENCIA COA BAE NA ANTÁRTIDA "GABRIEL DE CASTILLA" E O NOSO CIENTÍFICO ARESÁN JAVIER CRISTOBO 23
  • 25. É indiscutible a necesidade de mellora na expre- sión oral que observamos en Primaria. Unha das manifestacións fundamentais do ser humano é a comunicación oral, por iso a compe- tencia comunicativa é moi importante no cu- rrículo. Dende a escola debemos favorecer esta expresión dun xeito interdisciplinar, en todas as áreas , usando variadas estratexias, con técnicas indivi- duais e grupais coas que aprenderemos a traba- llar en equipo, a escoitar aos demais, a expoñer as propias ideas, etc. A aula é un lugar onde desenvolvemos a socialización, posto que é un lu- gar onde se atopan persoas de diversa cultura, relixión, orixe, etc. Nela temos que aprender a respectarnos e comunicar de forma correcta as diferentes opinións, dando puntos de vista pro- pios sen ofender aos demais. No noso blog, Medramos, temos nas seccións Ex- presión Oral e Idade Media, recollidas diversas actividades desenvolvidas ao longo do curso: en- trevistas, cantigas populares, recitado de poesías e refráns, elaboración de receitas, exposicións de traballos de investigación, etc. O recurso de gravalas permítenos adquirir valores e actitudes como a responsabilidade, a autocríti- ca porque nos facilita a aprendizaxe dos propios erros, a creatividade, etc. Josefina Vales 24
  • 26. 25 ENTREVISTAS AOS PROFES DO COLE Cantos anos levas neste centro? Estiveches nalgún outro antes? Levo 15 anos traballando en Ares. Cheguei no 2001. Antes traballei en Viana do Bolo, en Marín e na Gudiña, en Ourense. Notaches diferenzas entre traballar neste centro ou nos outros? Tanto en Viana como na Gudiña atopei centros pequenos, dunha organización similar á do noso. Marín era un instituto máis complexo. Que motivos te levaron a dedicarte ao ensino? Levas moitos anos neste ámbito? Coñecer o duro que era a vida sen estudos, xa que abandonei no bacharelato e estiven traballando un ano nun almacén de construción. O reducido salario e o escaso prestixio do traballo animáronme a recuperar os estudos e dirixilos cara ao ensino. Xa levo aproximadamente 20 anos dedicado á docencia. Por que escolliches esta especialidade? Non foi unha opción demasiado reflexionada, dentro das miñas preferencias estaban as linguas e mentinme na facultade de Filoloxía galega. Antes de dedicarte ao ensino, tiñas algún outro obxectivo ou preferencia profesional? Como dixen antes o primeiro labor foi como empregado de almacén, logo compatibilicei os estudos da carreira co traballo de conserxe na UNED durante 10 anos. Cres que fóra de Galicia a materia que ti impartes, lingua e literatura galega, podería ser optativa no ensino? Como calquera materia do ámbito cultural podería ofertarse. De todas as maneiras a súa significación está no espazo galego. Tes pensado cambiar de centro no futuro? Cabe a posibilidade, pois a miña residencia na Coruña obrígame a un desprazamento diario cada vez máis custoso pola idade. Nunca o faría por buscar algo mellor. Moitas grazas, Xoán, polo teu tempo Entrevista realizada por Eva Rúa (4ºPDC) Este curso decidimos entrevistar algúns profes que levan anos traballando no centro: Marisa Areal, Carmen Soto, e Xoán Barrio, mais tamén temos algunha incorporación máis recente, o profe de física e química, Jorge Gutiérrez. Realizámoslles unha breve entrevista a cada un deles, con estas entrevistas procuramos afondar nas súas impresións sobre o ensino e na súa experiencia persoal como docentes. Agardamos que esta entrevista sexa unha homenaxe ao voso quefacer cotián. Grazas aos catro pola vosa disposición e por nos dedicar o voso tempo. Entrevista a Xoán Barrio Saa profesor de lingua e literatura galega
  • 27. 26 Cantos anos levas dedicándote ao ensino? Máis de 30 anos, 16 no corpo de mestres e 16 no corpo de ensino secundario. Sempre no ensino pú- blico. Por que elixiches este ámbito e non outro? Case non o lembro, medrou comigo o desexo de ser profe. O meu xogo preferido de pequena consistía en poñer os meus irmáns pequenos de alumnos. Se non te dedicases a esta profesion en que ámbito che gustaría traballar? Elixiría ter unha tenda (unha mercería ou unha delicatessen). Ou ser cociñeira. A túa profesión non implica a docencia directa se non que coordina as relacións entre docentes de diferentes materias e a interacción co alumnado, é complexo este traballo? O máis complexo do mundo do ensino é o traballo na aula de todos e todas, as demais estamos para lle dar sustento a esta labor. É posible que atoparas algúns casos difíciles ou complicados ao longo da túa carreira/vida profe- sional, pero seguro que tamén situacións satisfacto- rias, poderías comentarnos algún destes casos? Cada aprobado é un caso satisfactorio e tamén ca- da visita de ex-alumnos. Dende o punto de vista humano o máis satisfactorio destaca cando se res- tablecen relacións familiares, entre rapaces ou ra- pazas. Os casos difíciles prefiro calalos porque vivimos nun sitio pequeno e poden ser identificados Seguramente que ti nos podes axudar a completar esta breve entrevista e achegar algún comentario ou reflexión persoal. Como reflexión gustaríame que o alumnado de Ares recordara que “o mundo non remata nas roton- das” que convén saír para medrar. Grazas, Carmela, por nos dedicar este tempo. Entrevista realizada por Birama e Sergio (4ºPDC) Entrevista a Carmen Soto orientadora do noso centro Entrevista a Marisa Areal profesora de Educación plástica e visual Marisa, creo que es unha das profesoras máis antigas do centro, é así? Levo neste centro 18 anos, non sei se son a máis an- tiga do centro pero si de secundaria. Traballaches noutros centros antes de chegar a Ares? Que niveis impartías? Si, traballei en Ourense, nas Pontes, en Mugardos. Os niveis foron variados, ao igual que os centros polos que pasei; impartín aulas na secundaria, en formación profesional e tamén no bacharelato. Que opinas sobre o feito de que na docencia haxa máis mulleres que homes? Isto non é importante, todos temos o mesmo acceso. Cando estiven noutros centros había máis homes. Seguro que non é doado realizar os estudos precisos para desenvolver o traballo de profesora de plástica, que opinas ti? Non é nin doado nin difícil, é preciso ter aptitudes ademais dunha grande creatividade e curiosidade. Por que elixiches esta profesión? Gústame traballar con adolescentes e interésame a pedagoxía das artes plásticas. Participaches algunha vez en exposicións, en concur- sos…? E se o fixeches, cal foi o resultado? Si participei nalgún concurso e tamén me chamaban para expoñer, pero cando comecei no ensino abando- nei algo ese mundo para dedicarme máis á docencia. Con que época pictórica ou movemento artístico te identificas máis? Todos os movementos artísticos teñen respostas fun- damentais para a vida. Isto é, a arte é unha maneira de explicar a vida. Con este remate rotundo de Marisa, conclúo a miña entrevista. Grazas polo teu tempo. Entrevista realizada Lara (4ºPDC)
  • 28. 27 Entrevista a Jorge Gutiérrez profesor de Física e química Jorge, ti es unha das máis recentes incorporacións ao noso cen- tro, pero seguro que xa levas traballando uns cantos anos, non si? Si, este ano cumplo 20 anos na docencia. Por que elixiches esta profesión? E Esta especialidade? Escollín esta profesión porque o meu irmán xa era profesor, ao principio non me atraía moito, pero logo encantoume. Por iso sigo traballando nisto. gústame moito. A especialidade elixina porque xa me gustaba no instituto, tiña unha profesora moi boa e dábaseme ben. Por que cres que no ensino hai máis mulleres que homes? Porque cada vez hai máis mulleres que homes titulados, penso que as mulleres xeralmente son máis traballadoras e esixentes que os homes. Traballaches noutros centros antes de estar neste? E nalgún privado. Si, traballei en varios en León; en Cacabelos estiven máis de 10 anos; no Bierzo. Sempre traballei en centros públicos porque penso que son mellores. Cambiaches entón de comunidade, é diferente o ensino en Gali- cia? En esencia non o e, pero cada sitio ten as súas particularidades, por exemplo en Galicia estamos moi avanzados en Tecnoloxía. Algunha vez pensaches en dedicarte a outra cousa que non fora o ensino? Si, se non traballase no ensino gustaríame facer algo similar; preparar libros, traballos, vídeos... Publicaches traballos en algún xornal ou revista? Publiquei, si, fundamentalmente sobre Astronomía e Meteorolo- xía. Que avances se produciron no ensino desde que ti comezaches? Houbo moitos. Penso que os nenos cada vez son mellores, traba- llan máis, aprenden máis… Houbo avances no comportamento e na valoración do estudo. Como ves o ensino do futuro? Véxoo moito máis tecnolóxico, pero sen perder nunca a esencia do profesor, do teatro da aula, de facer cousas para atraer ao público. Continuarás moito tempo neste centro. Seguramente o curso que vén estarei en Ferrol ou nos Estados Unidos. Engadirías algún comentario a esta entrevista? Que estou encantado de estar aquí, neste centro, con vós. E que sempre vou ter Ares no corazón. Grazas, Jorge, por compartir estes minutos con nós. Entrevista realizada Alba e Djibril (4ºPDC)
  • 29. 28 Este curso estamos lendo en lingua Galega un libro de poesía de Fran Alonso, Cidades, nel o autor achéga- nos os sentimentos que lle suscitan as súas cidades: as vividas, as soñadas, cidades distintas ás nosas, a soidade das xentes que as habitan, os animais fóra do seu hábitat…. Nós tamén quixemos crear un poema colectivo para expresar as sensacións, os sentimentos que suscita en nós a nosa vila: Ares. A VILA DA TERRA E O PORTO DE MAR A nosa vila, Ares, deus da guerra, vila de paz A nosa vila, Ares, a vila do C, verde e azul A nosa vila, Ares, pétalo de flor, calquera... A nosa vila, Ares, unha pirueta pés ao ritmo de baile bicos de pasos... A nosa vila, Ares, leda como os seus habitantes A nosa vila, Ares, mariñeira como a súa xente da nosa infancia… A nosa vila, Ares, xílgaro ledo e libre voando A nosa vila, Ares, cor azul, xente no mar, paxaros nos ceos chorosa no inverno, sorrinte no verán... A nosa vila, Ares, incansable, loitadora. Alumnos 1º A. (Joel, Ignacio, Pablo, Nuria, Lucía, Cristina, Samuel, Manuel, Marta, Lidia, Adrián, Naim, Marcos) AS MIRANDAS // A CISCADA// FONTELIDE Afrodita fermosa, Poseidón mariñeiro, Marte loitador ARES O “C”. “La” musical A nosa vila. Fermosa A nosa vila Costeira e mariñeira A nosa vila Azul… branca.... A nosa vila Chuviosa… Silandeira…. No inverno Solleira Leda No verán. Máxica e chea de vida Case inexistente, etérea. Alumnos 1º B (Sofía C., Diego, Uxía, Raúl, Miguel, Sergio, Sara, Esther, Luís, Lía, Martín, Lucía, Sofía T., Vera, Iago, Yuxín)
  • 30. 24 Os alumnos e as alumnas de 3º e 4º estivemos traballando ao longo do presente curso nun proxecto adicado a Idade Media. Durante o curso fixemos numerosas actividades vinculadas a esta temática, co- mo a decoración dos corredores con cabaleiros que custodiaban o ac- ceso as nosas aulas, murais sobre personaxes e vestimentas, e que di- cir das nosas portas das clases decoradas con castelos, torreóns… Ademáis, aproveitando que este ano no entroido do colexio nos íamos disfrazar das distintas civilizacións que existiron no mundo, nós tamén quixemos contribuir ao noso proxecto representando a Idade Media. Para iso, os nenos fomos dis- frazados de cabaleiros, ben ataviados cos traxes decorados con escudos representativos dos nosos castelos, helmos, escudos e ata espadas. As nenas, como non, fomos de belísimas damas da nobreza, levábamos vestidos con motivos en prata e unhas coroas das que caía un veo. Iso sí, todo feito por nós! Xa case para concluir o noso proxecto, coa axuda de Lara, a profesora de Música, preparamos un baile para in- terpretar nunha saída que fixemos pola nosa contorna. Nesta saída aproveitamos para coñe- cer todos os elementos da Idade Media que ainda se conservan nos arredores da nosa localidade. Visitamos a ermida da Mercé en Chanteiro, a igrexa de Santa Olaia, en Lubre, e Mosteiro de Santa Catalina, en Montefaro. No Mosteiro, contamos con Celsa per- tencente á Asociación de Amigos de Santa Catalina de Montefaro, que nos deu unhas breves explicacións da ar- quitectura e historia do mosteiro, tamén puidemos facer unha visita por algunas das salas, e foi no patio do clautro, onde se non! decidimos gravar o noso baile da Idade Media. Eh! shhh… non llo digades a ninguén, pero na xornada de convivencia que reali- zaremos en fin de curso ao Mosteiro de Santa Catalina, dedicarémoslle o noso baile a todo o cole. Pero lembra... ata entón é un segredo. 29
  • 31. 30 Os nenos e nenas de 4º nivel seguimos a darlle á música tradicional galega. Este curso comezamos musicando o poema “No niño novo do vento” de Álvaro Cunqueiro. Colaboramos coa mestra de música e interpretamos no festival de Nadal dous temas: “Xota de Lira”, versión de Xabier Díaz, e “Unha pouca roupiña” dos grandes Mini e Mero. Para o día das Letras Galegas preparamos outros dous temas; “O verdegaio” e “A palabra ten vida” de Pablo Nogueira. E, como remate, para homenaxear ao noso gran poeta Manuel María, cantamos todos xuntos “O arco da vella”, versión de Suso Vaamonde. Queremos agradecer de xeito moi especial toda a colaboración que a mestra especialista de música, Lara, nos prestou ao longo de todo o curso. Todas as gravacións se poden ver e escoitar nos blogues do centro. Para o próximo ano, Máis e Mellor, se cabe. Os alumnos e alumnas de 6º de primaria realizaron un mag- nífico traballo de busca de información e material gráfico pa- ra amosarnos unha das tradicións máis representativas de Ares, a das Alfombras Florais. No vídeo ao que podedes ac- ceder no código QR, podedes ver un pequeno percorrido pola súa historia así como unha mostra gráfica das mesmas. Pa- rabéns a todos/as polo voso traballo e á profe de reli, Pili Ramos, pola coordinación do mesmo.
  • 32. 31
  • 33. 32
  • 34. 33 No barrio de Canido de Ferrol, que está moi deteriorado, faise cada ano unha festa onde os artistas veñen pintar, cantar, recitar… en fin, a darlle outra vida a este barrio e ás súas xe- ntes. Unha vez ao ano píntanse os seus muros facendo diferentes e persoais versións sobre un dos grandes cadros da historia e do seu pintor: “ Las meninas de Velázquez”. Este é o Barrio de Canido, e hoxe en día un referente internacional de recuperación urbana. Este ano, tamén se está a desenvolver unha convocatoria de Arte postal sobre as Meninas e nós, os nenos e nenas de 1º de primaria, participamos dende a nosa clase, creando as nosas versións desta preciosa obra e, a verdade, é que quedaron moi feitiñas. A ver se vos gustan. Estarán penduradas no barrio de Canido en Ferrol, cando se faga a nova convocatoria artística aló por setembro. Será unha festaza!!! Como xa sabedes, este é xa o terceiro ano que se leva a termo a Convocatoria Internacional de Arte Pos- tal, que esta vez leva por lema: Hai un artista en ti: Arte-SOS” . Nela tentamos resaltar a importancia das artes no noso crecemento e na nosa formación, e facer un chamamento para concienciar sobre a necesidade de coidar o Medio Ambiente utilizando a reciclaxe. Este ano a nosa clase de 1ºA fixo unhas variacións sobre a fantástica obra de Munch “El Grito”. Qué mellor que versionar esta obra na que podemos ex- presar todo o noso sentir. Para elo usamos como so- porte contos vellos que ían ser tirados ó lixo, tuneá- molos con unha morea de cousas: teas, areas, botóns, fíos e lás, papeis, moedas…. Quedaron estupendos. E despois fixemos un “emocionario” tamén sobre o Grito de Munch, para amosar os nosos sentimentos. Cómo nos gusta facer todas estas cousas. Agora si que podemos berrar todos : “Arte-SOS”!!!!!
  • 35. 34 No noso cole non temos nada que envexar aos famosos cociñeiros de Master Chef xa que neste curso as nosas aulas estiveron cheas de pequenos e pequenas cociñeiros e cociñeiras que fixeron unha morea de receitas. Así os pequerrechos de infantil elaboraron pan, marmelada, roliños de xamón e queixo e realizaron un proxecto sobre a elaboración de chocolate super chulo. E os nenos e nenas de 4º de primaria non quedaron atrás xa que na súa aula-cociña prepararon receitas super orixinais como “os bocatas-retrato” que, ademais de estar boísimos, teñen unha presentación estupenda. Tamén fixeron macedonia de froitas e moitas cousas máis. Pero se queredes ver a elaboración das receitas so tedes que achegarvos aos blogs de aula ou ao código QR desta páxina e poderedes ver a súa elaboración. Bo proveito!!! Si podemos presumir de cociñeiros no noso cole non nos quedamos curtos en canto a magníficos interpre- tes musicais. Dende a clase de música da ESO os alumnos e alumnas de 3º e 4º preséntannos dúas obras interpretadas por eles coas que puxeron banda sonora a dous estupendos vídeos titulados: "O outono en Ares" con imaxes da nosa vila en outono e "Cantando a Rosalía" en homenaxe á nosa poetisa. Podedes velos nos seguintes códigos. Quedaron estupendos!!!!
  • 36. Rosalía de Castro é a autora nuclear das letras galegas modernas e unha das figuras indispensables do panorama literario do século XIX. Foi a escritora que devolveu ao galego o seu carácter de lingua culta, foi precursora da poesía española moderna e do existencialismo e unha pioneira do pen- samento feminista. E, como todos os anos no noso centro, conmemoramos o seu día, o Día de Rosalía. Entre as actividades que realizamos podemos destacar o envío masivo e simultáneo, por parte do alum- nado da ESO, dun verso de Rosalía desde os nosos terminais móbiles baixo a etiqueta #mobilizarosalía. O verso “Trocando en sonrisas / queixiñas e choros”, xunto cunha imaxe da nosa escritora, foi reenviado a través das redes sociais a todo o mundo. Ademais nas aulas de Infantil e Primaria realizaron postais alu- sivas á súa obra. Tamén fixemos recitado dos seus poemas, cantamos a Rosalía, a recordamos no Día da Muller cun pro- grama de radio, e a tivemos presente no noso mural de Mulleres na Historia. Unha morea de actividades que se nos quedan curtas para homenaxear a esa muller que non tivo medo de ser politicamente inco- rrecta na súa época, que reivindicou o papel da muller na cultura e que recuperou a identidade de Galicia tanto no aspecto cultural (sobre todo popular), da historia e da propia lingua naquel momento tan des- prestixiada e a cal non se consideraba apta para cultos. 35
  • 37. E VOLVEMOS PARTICIPAR! PARABÉNS ÁS E AOS PARTICIPANTES E ENHORABOA A VERÓNICA! Verónica é quen escribe este artigo para contarnos brevemente en que consiste o concurso. Neste curso 2015-16, o noso centro participou, como case todos os anos, no Concurso de Relato Curto organizado por Coca-Cola, tanto na modalidade en lingua galega como en lingua castelá. Esta iniciativa está dirixida ao alumnado de 2º ESO, e no no- so centro participamos: Andrea García, Lara Fonte, Isabel Maceiras e eu en galego; no concurso en castelán os partici- pantes fomos Vanessa Carpente, Lara Fonte, Elizabeth Martí- nez e eu. As dúas probas realizáronse no salón de graos da Facultade de Humanidades d´A Coruña. Alí recibiamos un estímulo no que tivemos que basearnos para escribir as nosas obras. En galego, debiamos incluír no noso relato a seguinte ora- ción: “Aquela sombra desconcertábao”. En castelán entregóusenos unha caixa de música como inspiración. Ao final, eu resultei premiada en ambas modalidades e quedei como primeira clasificada no sector de Ferrol (a miña zona) no concurso de galego. Verónica Rodríguez, 2ºB ÚLTIMA HORA, ÚLTIMA HORA!!! Ao peche da revista e coincidindo coa entrega de premios do concurso de relato curto en castelán, soubemos que Verónica Rodríguez, a nosa alumna de 2ºB, obtivo o primeiro premio no sector de Ferrol. Pero aínda hai máis, é a gañadora Autonómica!. Verónica, a mellor entre máis de cincocentos participantes de 2º ESO, irase de viaxe cultural e de ocio a Madrid e a Londres. Goza do premio e desfruta da experiencia! Ha ser inesquecible!. Xa nos contarás… 36
  • 38. Este curso os rapaces de 6º e da ESO participaron de novo no concurso escolar da ONCE. Descubrir O TALENTO era o lema. Estivo moi interesante, falamos sobre a importancia da igualdade de oportunidades de todas as persoas e abor- damos este reto a través do descubrimento do talento que todos temos e que nos fai especiais. Uns grupos centrámo- nos nos talentos que temos máis preto de nós, no noso pobo (quedan moitos máis seguro) e outros máis xerais. Mostramos aquí o resultado do nosos traballos. Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de E.P. fixemos unha viaxe a Santiago acompañados dos nosos titores. Visitamos a Catedral (algúns nenos nunca estiveran alí), as rúas antigas e despois merendamos na Alameda. A Catedral estaba repleta de peregrinos, non pensabamos atopar tanta xente. Ademais ía comezar a misa polo que tivemos que facer unha visita rápida. Gustaríanos volver con máis tempo para poder visitala con cal- ma. Tamén nos gustaría ver funcionar o Botafumeiro. CON - FÍO NO GAIÁS Despois de pasar a mañá en Santiago, fomos a comer ao Gaiás. Xa pola tarde fixemos unha visita guiada a exposición “CON FÍO”. Nela realizamos un percorrido para coñecer como foi evolucionando a moda ao longo do tempo ata chegar aos deseñadores galegos da actualidade. Foi moi interesante, ademais os de 6º fixemos un obradoiro bilingüe (inglés-galego) e incluso algún compañeiro posou de modelo. 37
  • 39. A Biblioteca Carabela, pertence dende o curso 2011 á Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, formándonos anualmente en temas relacionados co Traballo por Proxectos. Qué hai detrás?, para que facemos os proxectos?. O propósito do traballo por proxectos é que o alumnado aprenda a desenvolver as súas competencias claves. O interese fundamental non é o produto, senón o proceso e as aprendizaxes que se promoven. A Biblioteca Escolar é clave no desenvolvemento do proxecto. Desde ó inicio debemos preparar os RECURSOS necesarios para a investi- gación documental sobre o tema proposto. Este curso, o noso centro escolar está inmerso nun Proxecto de Formación para o profesorado, no que recibimos formación teórica e práctica no traballo por proxectos dende a Biblioteca Escolar. Durante o curso os nosos alumnos e alumnas investigaron e traballaron diversas temáticas, entre elas están: Os astronautas, piratas, fadas e trasnos, os exipcios, os gregos, os romanos, os celtas, a Idade Media …Todos estes proxectos podedes descubrilos ó longo da revista, na que hai múltiples artigos relativos a eles e nos blogs do noso centro. É importante resaltar que a través dos Proxectos estamos traballando todas as competencias que nos indican dende o currículo, e as estamos a traballar dende una perspectiva significativa para o alumnado, relacionando a información co que eles xa saben. No seguinte enlace podedes acceder á páxina do blog da biblioteca onde encontraredes, tamén, moita información sobre eles. 38
  • 40. 39 Fai non moito tempo, o noso cole recibíu o nome de “CPI As Mirandas”. Pero, ¿sabiades que segundo unha lenda, nas illas Mirandas hai unha serea? Pois atentos, porque vou contarvos esta fermosa lenda. Desde fai séculos, no fondo da Ría de Ares vive unha fer- mosa serea no seu palacio de cristal. A serea das Mirandas adoita xogar cos golfiños e achegarse aos polbos, chocos, robalizas, sardiñas ou fanecas que se moven polo golfo Ártabro, pero ben sabe que o que nunca pode facer é ache- garse onda os homes porque, se descubrisen a súa existencia xa non a deixarían en paz.. Algunhas noites de ardentía en agosto, cando o mar escintila de tal xeito que ao remexelo semella que arden as augas, moitos rapaces acoden ás praias para se bañaren á luz das estrelas. Unha desas noites de verán, nos últimos anos do século XIII, un fidalgo da liñaxe dos Mariño, mentres se mergullaba na praia de Centroña, sorprendeu á serea sentada nunha rocha. Quedou tan impresionado pola súa beleza que lle pediu que volvese ao día seguinte. O fidalgo non tiña acougo sen ela e rogoulle que fose vivir onda el. Así o fixo a serea das Mirandas e, o fidalgo dos Mariño, con mimo, delicadeza e paciencia, foille quitando unha a unha as escamas da súa cola ata que quedaron ao descuberto dúas fermosas e longas pernas de muller. Os dous namorados casaron, tiveron descendencia e foron moi felices xuntos. Gustaban de pasar moitas tardes na praia de Centroña, contemplando aquela pena na que se viran por vez primeira. Cando seu home morreu, a serea deixou os seus fillos xa maiores e volveu vivir nas augas salgadas da nosa ría de Ares, no fermoso palacio que tiña debaixo do mar, preto das illas Mirandas. Non se deixou ver máis por ser humano algún, aínda que, certas noites de ardentía, algún vello mariñeiro conta que escoitou arrepiado nas rías do golfo Árta- bro, a máis fermosa e doce canción de amor que viña do fondo do mar e era entoada pola marabillosa voz da malpocada serea, tal vez en lembranza daquela noite na que coñecera o seu namorado. FIN Parte do texto é de: http://josefonte.jrdweb.es/libro/lenda-da-serea-das-mirandas Os debuxos están feitos por mín mesma. Con cariño: Paola Toribio García. CPI As Mirandas, Ares 2016.
  • 41. 40 Este é o terceiro ano no que realizamos o Concurso de Portada de Libros no noso cole. Esta actividade ten por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou cuberta dun libro en galego que o alumno/a tivera lido. Con esta iniciativa o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca Carabela pretende fo- mentar a lectura e as capacidades creativas dos alumn@s e, a boa fe que o conseguiu. Presentáronse un montón de obras nas que os alumnos/as de infantil, primaria e secundaria reflectiron as súas dotes crea- tivas utilizando todo tipo de técnicas e materiais: témperas, collage, banda deseñada, composicións e dis- tintas texturas puidéronse ver nesta fantástica exposición. Aquí tedes algunhas.
  • 42. O curso pasado creamos no noso colexio a páxina web: Patrimoniodeares.com., coa intención de aprender involucrando ao noso alumnado e a nosa contorna. A través de dita web estamos dando a coñecer o patrimonio natural, cultural, social e paisaxístico de Ares e a súa contorna. Neste curso queremos seguir nutrindo de contidos dita páxina, para o cal propoñemos investigar, recoller infor- mación (fotografías, vídeos, debuxos…) e crear acti- vidades sobre o Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro. Todo este traballo culminará cunha xornada lúdico-cultural no entorno do Mosteiro. Entre os obxectivos que nos propoñemos están:  Investigar o entorno que nos rodea có noso alumnado, recoller información, elaborala e divulgala nos distintos medios: revistas, páxinas web...  Poñer en valor a riqueza do entorno de Ares, fronte ao alumnado e toda a comunidade educativa.  Promover a interacción entre a escola e a súa contorna.  Fomentar o respecto pola conservación da natureza e o medio.  Valorar o patrimonio natural e cultural.  Fomentar o traballo en equipo, a reflexión crítica e a valoración das capacidades individuais e alleas.  Fomentar o desenvolvemento das competencias básicas. O proxecto que nos ocupa está deseñado para desenvolverse a nivel de centro en colaboración coas diferentes etapas educativas. Falamos de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria. Terá un carácter interdisciplinar e globalizado, participando alumnado e profesorado de diferentes áreas e disciplinas (aulas de educación infantil, primaria e ESO). Parécenos importantísimo acadar a participación e colaboración de dis- tintos organismos e colectivos, así que contaremos coa implicación do Concello de Ares, da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catali- na de Montefaro e da asociación Bimares. Polo tanto, estamos ante unha proposta metodolóxica colaborativa e participativa, asentada nun deseño aberto, flexible e susceptible das pre- cisas modificacións, capaz de acadar o interese e a motivación do alumnado, cun tratamento globalizado e in- terdisciplinar das diferentes áreas educativas e da educación en valores, adaptada á diversidade do alumnado e facilitadora da implicación da comunidade educativa. Ademais de traballar os diferentes contidos, ámbitos de coñecemento e desenvolver as diferentes capacidades e com- petencias correspondentes ao nivel de idade do alumnado, amosaremos e achegaremos a contorna de Montefaro a toda a comunidade educativa, social e familiar. Así como aprender as accións de coidado do medio ambiente: non ensuciar o no- so contorno, os bosques, reciclar, reutilizar… 41
  • 43. Entre as actividades que levaremos a termo na nosa visita ao mosteiro destacan: AS ÁRBORES NA CONTORNA DO MOSTEIRO DE MONTEFARO Actividade 1.- Consistirá na busca de información das árbores que poboan o contorno do mosteiro de Montefaro centrándose nas características máis importantes de follas, froito e flor así como na súa utilida- de para as persoas e animais que os rodean. Posteriormente elaboraranse unhas fichas coa información e unhas placas co código QR que se colocarán en cada unha das especies. Actividade 2.- Plantación de buxo para os ocos do xardín. XOGOS POPULARES NA COMARCA DE ARES (Educación física). En tanto que fenómeno social e cultural, consideramos que os deportes populares propios da zona ou co- munidade, débense coñecer, practicar e respectar, así mesmo deben prevalecer, perdurar e subsistir. Que os nenos e nenas pregunten na casa os xogos que facían os seus antepasados, que indiquen en qué con- sistía o xogo e cal era o material necesario, ademais, poden completalo con fotos, debuxos ou esquemas. Poranse en práctica o día da visita a Montefaro que rematará cunha xornada lúdica. ROTEIRO: COÑECENDO O ENTORNO DE MONTEFARO. VISITA Á BAILADORA Realización de pequenos roteiros desde o Mosteiro ata o mira- dor de “A Bailadora” e as baterías. Localización previa co google maps e realización dun mapa coa senda a percorrer. Esta actividade estará coordinada polo noso compañeiro Al- berto, responsable da Asociación BIMARES en colaboración cos profesores do centro. PRODUTOS AUDIOVISUAIS A actividade enmárcanse dentro dos Proxectos documentais que integran as Tic e o Proxecto Lector. Elaboración de guións, gravación e edición de documentais. - Creación de audiovisuais sobre o Mosteiro de Santa Catalina e a súa contorna. -Gravación da xornada lúdico-cultural no entorno do Mosteiro. XOGANDO COAS MATEMÁTICAS Medición da Torre do mosteiro e dun dos cedros do xardín utilizando o Teorema de Thales. A MÚSICA NO MEDIEVO Os alumnos de 3º e 4º de primaria realizarán, no claustro do mosteiro, a representación do baile medieval que prepararon dentro das actividades que realizaron no seu proxecto sobre a Idade Media. Ao peche da edición desta revista aínda non temos realizado a xornada de fin de curso no Mosteiro de Santa Catalina, que será o luns 20 de xuño, polo que daremos conta de todo o acontecido na mesma, nos nosos blogs e páxinas web do cole. Non volo perdades, seguro que estará xenial!!! 42
  • 44. Do you know her? She´s our language assistant. Her name is Rebecca Jane Allen. She´s 22 years old. She´s got one brother and one sister. She lives in the south-west of England, in The U.K. She lives in a very small town called Sydling St. Nicholas but she is studying languages at the Uni- versity of Manchester. Her favourite sport is netball and her favourite hobby is playing the violin. She likes travelling. She travelled around Portugal, France and Germany. Next year she´s going to work in France and then it´s possible that she will go back to University. She liked being in Spain and she liked staying in Galicia. She liked lots of things and shellfish the most. We are going to miss you. Good luck! This year we also celebrated Hallowe´en. The hall on the first floor was decorated with spiders, witches, bats and so on. We carved and decorated pumpkin lanterns which we did with our parents at home and we took them to school to make a display. This year the children in the sixth and fifth year, started to prepare a project about The UK: the countries, location in the world, in Europe, the most important cities, its capital city, some food, animals, sports, famous people... We looked for information and learnt interes- ting things. 43
  • 45. This is a question that the curious people make themselves continuously. Many times we remain with the doubt about things that interest us because we fear to be labelled of stu- pid, but it is better to ask than to be an ignorant. Therefore we are going to list some examples of facts, words or abbreviations that form part of our everyday time and however we unknown the origin of the same. British punctuality: We usually use this expression when we want to make clear that we are punctual or that something begins on time. However this is a myth because the Bri- tish and their trains ( their “punctuality is worldwide known) do not suit to this fame. The British and their trains arrive systematically five minutes late and when this occurs it is said that they are punctual. This contradición can be very useful because from now on, when you arrive five minutes late and someone is waiting for you watching his/her watch, you can say: “British punctuality” And if you arrive ten minutes late, you can apologize saying that you only arrive with five minutes late. Sandwich: Eating a sandwich is a common fact around the world. It's cheap, delicious and easy to prepare. But which is the origin of this word? This word comes from the British aristocrat John Montagu, 4th Earl of Sandwich. It was said that he was a compulsive gambler and to avoid stopping the game to eat, he would order that his food was brought to his table. Montagu's friends thought it would be a great idea to bring him cold beef between two slices of bread. Later the snack became known as “sandwich”. Oscar: This is the name of the gold statuettes that are awarded by the Academy of Motion Picture Arts and Sciences in the USA. But they were not called like this until 1931, two years after the first one had already been awarded. It is said that the Academy's librarian, Margaret Herrick, re- marked that the statuette reminded her of her uncle Oscar. Apparently, a newspaper reporter who was listening to, included this fact on his article and since then the word was associated to the award. Hooligan: This word refers to a noisy violent person who causes trouble by fighting other people, usually in football stadiums. It comes from the name Patrick Hooligan, a famous Irish criminal from the XIX century who was often hired by certain restaurants, pubs and pu- blic centres to “take care” of unwanted customers. There is also a theory that associates the term with the Hooley gang that terrified London in the 1890s. S.O.S: How many times have we heard S.O.S.? They are the international letters to ask for help meaningl "Save Our Souls" (Salvad Nuestras Almas) and in Morse code would be ...---... . we have anothe expression which is also used in many war films meaning inminent danger MAYDAY,MAYDAY... it comes from the French m’aider, «venez m’aider» («venga a ayudarme») NBA: National Basketball Association. Who does not like a good match of the American profesional basketball league? We could continue, but it is enough for this number, so if you think it is interesting, we can follow next year!! 44
  • 46. 45 ATRÉVETE COS XEROGLÍFICOS!!! SORRISOS INFORMÁTICOS APRENDENDO INFORMÁTICA - Mamá, que fas en fronte da computadora cos ollos pechados? - Nada, fillo, é que Windows díxome que pechara as pestanas... ORDES - A min ninguén me dá ordes! - "2% de batería. Conecte o cargador". - Vou. PELÍCULA Ábrese o telón e aparece a tecla ENTER e, entre medias, cables de conexión. Como se chama a peli? OS INTROCABLES. FACER A COADA Que diferenza hai entre facer a coada e utilizar Windows? Que a coada non se colga soa. REDES
  • 47. 46 Dende a Prehistoria...onde... Estratigrafía pode ser: un tipo de escritura ou mapas que facían para facer unha estratexia. Exvoto pode significar: tipo de persoa alta, voto asociado ás mulleres ou referencia aos que non poden vo- tar. Animista é igual a independente. Xa na Idade Antiga atopamos... Tartessos: Ten dous significados: os que mandaban ou poden ser edificios relixiosos Olimpiadas: era unha festa. Ostracismo:relixión. Eneas: fillo de Augusto. Cónsul: que dura pa toda a vida. Alto Exipto: o faraón. Asirios: eran deuses. Silo: ferramenta para cortar árbores. Tamén a Idade Moderna dá para moito… Auto de Fe: é cando fas algo por Deus aínda que coste. Hugonote: é un señor príncipe. Crismón: era o Demonio. Medicci: era unha raza de persoas. Mercenario: cobrador de impostos. Sacerdocio Universal: Intento de cambiar a Igrexa tendo so un sacerdote. Compañía de Xesús: eran os Papás, curas e monaguillos, ou eran os apóstolos e os seus seguidores máis fieis. Enciclopedio: medio para difundir o " Ilustrismo". Morgado: xudeu convertido ó Cristianismo. Bartolomeu Diaz : aliouse cos pobos precolombinos, tamén foi pai de Fernando II . Américo Vespucio: un americano. Maquiavelo: un dos curas máis recoñecidos. Tamén a Idade Contemporánea nos deixa as súas perlas... Guerrillas: guerras pequenas en lugares cerrados e pouco espaciosos. Waterloo: sitio onde desterran a Napoleón, ou reunión de alemáns. Toma da Bastilla: Revolta de alemáns Robespierre: Presidente alemán Cortes de Cádiz: Cidades antigas de Cádiz. Primeiro presidente da democracia: Franco. Donde reside a soberanía? : Na Casa Real, nas Cortes e na Zarzuela. Presidentes da democracia: Zapatero, Feijoo e Sánchez. Aquí tendes unhas cantas definicións “confusas” dalgúns dos nosos alumn@s