Presentación cos contidos utilizada no Obradoiro de notas de prensa para a difusión de accións de normalización lingüística que a CTNL desenvolveu en 2013, con Rocío Castro como profesora do obradoiro.
Os obxectivos deste obradoiro son:
-Redactar notas de prensa que comuniquen axeitadamente a mensaxe e información que se quere transmitir desde SNL, ENDL, asociacións en defensa da lingua, empresas lingüísticas, etc.
-Coñecer os formatos, partes, contidos, etc., que deben ter as notas de prensa.
-Aprender a atopar titulares e frases que fagan que as notas comuniquen de xeito máis eficiente.
-Coñecer como, cando, a onde e a quen se deben enviar as notas de prensa sobre lingua na procura de que teñen a repercusión axeitada no ámbito de interese.
-Que o traballo en lingua e as accións a prol do galego teñan maior e mellor repercusión social a través dos medios.
2. Índice
1. Introdución á comunicación en organizacións non lucrativas (ONLs)
2. A relación cos medios de comunicación
3. As notas de prensa
✤ Como facer unha nota de prensa
✤ Como difundila: medios, web, redes sociais, mailing...
4. Caso práctico: fai unha nota de prensa e difúndea
2
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
quinta-feira, 20 de junho de 2013
3. 1. Introdución á comunicación en organizacións non lucrativas (ONLs)
comunicación en ONLs ≈ comunicación corporativa
I. A comunicación externa
a) A relación cos medios
b) Outros públicos
c) As nosas publicacións
II. A comunicación interna
a) Traballadores/as, socios/as, doantes, voluntarios/as
b) Administracións públicas
c) Empresas
III. A comunicación de crise
3
PROPOSTA DE COMUNICACIÓN E SOCIAL MEDIA MANAGINGOBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
quinta-feira, 20 de junho de 2013
4. IV. A publicidade
a) As campañas de publicidade
b) As canles
c) O marketing
[V. Patrocinio e Mecenado]
VI. Imaxe corporativa, imaxe de marca
VII. Reputación corporativa
VII. Unha nova ferramenta: Internet
4
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
quinta-feira, 20 de junho de 2013
5. COMUNICACIÓN
Nun SNL todo é comunicación
Un SNL existe para comunicar
Para impregnar a sociedade coas
súas ideas
O reto é facelo cada vez con maior
profesionalidade, creatividade e
eficacia
[Vídeo “Porque me sae do galego”]
5
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
Comunicación Corporativa ≠ Comunicación SNL
quinta-feira, 20 de junho de 2013
6. NON SOMOS UNHA FÁBRICA DE
PARAFUSOS
O 100% do que facemos ten que ver
coa comunicación
O noso obxectivo último é convencer
á sociedade de que use o galego.
A comunicación trabállase sempre a
longo prazo.
6
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
Na NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA todo é COMUNICACIÓN
quinta-feira, 20 de junho de 2013
9. 9
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
2. A relación cos medios de comunicación
Relacións coa prensa:
- 50% cuestións técnicas
- 50% relacións públicas
Hai que establecer
relacións a medio/
longo prazo
COMUNICAR=PERSUADIR=BUSCAR EFECTOS
quinta-feira, 20 de junho de 2013
10. 10
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
A ESTRATEXIA, FUNDAMENTAL
A comunicación ten que facer parte da estratexia xeral
do SNL.
Non podemos facer accións incomunicables.
Temos que planificar.
Cal é o éxito de comunicación nunha organización?
Cando se comprende que a comunicación é un piar fundamental da
estratexia e se traballa a longo prazo.
quinta-feira, 20 de junho de 2013
11. 11
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
MOITO OLLO!
- A cuestión lingüística está a causar un certo
enfrontamento social.
- Hai que ser especialmente coidadosos/as e traballar
moito a persuasión.
- Hai que buscar alianzas nos medios.
- Ligar galego a mellora dos servizos, dos produtos...
quinta-feira, 20 de junho de 2013
12. 12
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
3. As notas de prensa
É unha ferramenta de
comunicación fundamental
PERO non é suficiente.
SÓ é o principio, é a base
do noso traballo
quinta-feira, 20 de junho de 2013
13. 13
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
O imprescindible
- Coñecer os MEDIOS aos que nos diriximos e os/as profesionais que se
encargan dos nosos contidos
- Ter unha boa HISTORIA
- Saber que o elemento fundamental da miña nota é o TITULAR. Unha idea
nunha frase.
- A nota, canto máis BREVE MELLOR.
- Ir aos feitos CONCRETOS.
- FACILITARLLES o traballo aos/ás xornalistas.
- Ser CORRECTOS/AS.
quinta-feira, 20 de junho de 2013
14. 14
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
O que hai que saber dos medios
- Non todos os/as xornalistas han de recibir as nosas notas. Só aqueles/as
aos/ás que lles interesa
- Coñezamos os medios aos que nos diriximos: as súas diferentes seccións
e programas, como é o seu traballo e os seus horarios
- A bandexa de entrada dun xornalista SEMPRE está sobrecargada.
- Un/ha xornalista dunha cidade galega pode recibir até máis de 100 notas
de prensa e convocatorias AO DÍA.
- Moitas notas de prensa non son abertas (nin lidas) NUNCA, ou ábrense 3
segundos e TÍRANSE
quinta-feira, 20 de junho de 2013
15. 15
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
Cuestións iniciais sobre unha nota de prensa
- O noso principal obxectivo ao enviar unha nota é: captar a atención do/a
xornalista
- O noso traballo é conseguir que resulte atractiva, precisamos unha
HISTORIA relevante e/ou orixinal
- Precisamos concisión e gancho
- Non pode ser un anuncio publicitario, debe resultar crible
- Debe achegar información útil
- Débese escribir pensando no lector ou lectora, non na nosa organización
- Non se debe abusar do seu envío
quinta-feira, 20 de junho de 2013
16. 16
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
Como escribir unha nota de prensa
Unha boa nota de prensa debería poder ocupar o lugar nunha noticia
dun xornal sen que ninguén se dera conta.
Ten que:
- Estar ben escrita
- Evitar reiteracións, frases demasiado longas, abusar das subordinadas
- En terceira persoa (texto imparcial)
- Sen exceso de adxectivos
- Tripla C: claridade, concreción e corrección
quinta-feira, 20 de junho de 2013
17. 17
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
Que debe incluír unha nota de prensa (I)
1. Un distintivo da organización que a envía (logo)
2. Un titular
3. Subtítulos (entre 1 e 4) que desenvolvan brevemente as ideas principais
e complementen o titular
4. Data e lugar desde onde se emite
5. Corpo do texto: desenvolvemento das ideas
- Simplicidade e concreción
- Primeiro parágrafo (lead ou entradiña): debe responder ás 5 W
(que, quen, onde, por que e como)
- Piramide invertida
- Detalles e mesmo información de contexto da propia organización
6. Datos de contacto: nome da persoa e da organización, web, teléfono,
correo electrónico, etc.
quinta-feira, 20 de junho de 2013
18. 18
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
Que debe incluír unha nota de prensa (II)
7. Outros datos: se estamos a falar de eventos complexos, con moitos
lugares, horas, etc. é mellor engadir un anexo á nota ben clariño.
8. Documentos anexos, que completen a nota de prensa. Se son fotos non
deben ser moi pesadas (máximo 1 mega). Pódense usar plataformas como
Dropbox.
quinta-feira, 20 de junho de 2013
19. 19
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
Que é a teoría da pirámide invertida?
quinta-feira, 20 de junho de 2013
22. Ok, xa teño a nota perfecta.
E agora? Que fago con ela?
22
quinta-feira, 20 de junho de 2013
23. 23
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
Como difundir a nosa nota de prensa
ANTES:
Nota de prensa
AGORA:
Nota de prensa
Prensa
Redes sociais
Blogs
Newsletter/boletín
Prensa
Prensa
quinta-feira, 20 de junho de 2013
24. 24
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
Como difundir a nosa nota de prensa aos medios
[Isto SI é o máis importante]
Cuestións importantes:
1. Definir unha pequena estratexia: Que teño? A quen queremos chegar? A
quen lle pode interesar? Que medios nos interesan máis a nós?
2. Temos que facer unha boa listaxe de e-correos dos medios que nos
interesan:
a) Medios xeralistas e axencias (ás seccións correctas, ollo)
b) Medios especializados
3. Facer unha listaxe de mails + teléfonos + nome dos xornalistas dos
medios que máis nos interesan. Facer por COÑECELOS.
quinta-feira, 20 de junho de 2013
25. 25
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
Como enviar o mail coa nota de prensa
1. Asunto do correo: titular da nota de prensa (reducido se é moi longo)
2. Texto do correo: nota de prensa [PROHIBIDO enviar nota sen texto
ningún, con só o anexo]
3. Docs anexos: a nota tamén pode ir nun documento anexo, pero que sexa
nun .doc, nunca nun pdf, que é máis complicado de editar.
4. Fotos adxuntas: máximo 1 mega, ou usando plataformas como Dropbox
[Lembramos: boa parte das notas de prensa non se abren NUNCA]
quinta-feira, 20 de junho de 2013
26. 26
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
Cando é o mellor día/momento para enviar unha nota?
A hora e o día no que se envía unha nota é decisivo para a súa boa recepción.
- Sempre debe enviarse pola mañá (preferentemente entre 11 e 14h)
- NUNCA pola tarde. Se for unha cuestión de urxencia, habería que chamar un
por un aos medios explicando o por qué da nota. Se non existe esa urxencia,
mellor agardar ao día seguinte.
- A recepción dunha nota varía tamén en función da intensidade informativa do
día, que depende de cuestións predicibles, pero tamén de factores sorpresa,
como noticias-bomba.
- É imposible controlar todas as variables, pero -segundo PressPeople- o mellor
día para enviar notas son: martes, mércores e venres
- Fins de semana: hai menos xornalistas traballando, pero tamén menos
competencia doutras notas. As audiencias varían. Consello: só enviar en fin de
semana cando estea pactado cun medio.
quinta-feira, 20 de junho de 2013
27. 27
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
Especificidades das notas para eventos
Dado que a maioría das notas que faremos serán de eventos velaquí algunhas
especificidades:
a) Nota/s previa/s:
- Hai que enviar unha nota previa xeral, con información moi completa, uns días antes
do evento e outro o día anterior.
- Cando o evento dura varios días faremos a nota xeral con toda a información incluída
e logo unha nota para cada día con información práctica e nun dossier a parte, a
información xeral dos vindeiros días.
- É especialmente importante que a info estea CLARA. Convén poñelo de forma
esquemática, tanto horarios como lugares e datas.
b) Nota posterior
- Cando queiramos enviar info despois do evento, hai que avisar antes aos medios (na
propia nota previa e/ou falando directamente con eles) da hora e do material que imos
enviar (nota e foto, por exemplo) para que eles poidan contar con iso na súa
programación diaria.
quinta-feira, 20 de junho de 2013
28. 28
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
Xa está enviada a nota. E agora que?
Temos unha boa historia.
Fixemos unha nota perfecta.
Enviámola a todos medios.
Á hora axeitada, ás persoas axeitadas.
E agora? Agardamos?
NONLembrade que moitas das notas non chegan a abrirse nunca. Entón... que facemos?
CHAMAR, CHAMAR E CHAMAR
Chamar a todos os medios (ou polo menos aos máis importantes) para “venderlles” a
importancia da nosa información.
quinta-feira, 20 de junho de 2013
29. 29
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
Hai máis vida alén dos medios
quinta-feira, 20 de junho de 2013
30. Quen é o
protagonista da
web social?
30
OBRADOIRO DE NOTAS
quinta-feira, 20 de junho de 2013
31. 31
OS MEDIOS XA NON SON IMPRESCINDIBLES PARA COMUNICAR
Hai outras ferramentas máis sociais, máis sofisticadas, máis ao alcance de todos... é...
a web social (2.0)
- Desaparece a separación entre emisor/receptor
- A información é poder (ségueo a ser)
- A visibilidade é algo polo que hai que loitar
- O/a usuario/a é o eixo do proceso comunicativo
- A universalización da linguaxe multimedia
- A esixencia do tempo real e a xestión da abundancia
informativa
- Vocación social: 2.0 é relacional (ou non é)
OBRADOIRO DE NOTAS
quinta-feira, 20 de junho de 2013
32. 32
Este modelo de comunicación coloca ás persoas na estrutura central de toda
estratexia comunicativa.
E isto... a que nos obriga?
1. A ser + transparentes, + creativos/as, + abertos/as, + participativos/as,
+ conversacionais con traballadores/as, socios/as, voluntarios/as e público.
2. A escoita, a resposta, a xestión e o feedback son fundamentais para esta
nova maneira de comunicar. [A xente é agora máis esixente e máis
participativa.]
3. Esixe modelos baseados na horizontalidade fronte á verticalidade
[desaparición de moitos intermediarios---> plataformas tecnolóxicas pasan a
ser os grandes intermediarios.] Exs: Tripadvisor, AirBnB, Couchsourfing,
eBay...
OBRADOIRO DE NOTAS
quinta-feira, 20 de junho de 2013
33. 33
Todo iso son vantaxes para as ONLs porque nos permite:
- personalización das mensaxes
- maior interacción
- reciprocidade na comunicación
- incentiva o interese polos contidos
- xestiona de forma compartida coas audiencias
- plantea modelos baseados na horizontalidade
- presta máis atención ás preferencias persoais
- mellora a xestión do impacto das mensaxes
- SEGMENTAR MELLOR* [exs. publicidade en Google ou Facebook]
*a gran diferenza cos medios tradicionais
non só para localizar o teu público obxectivo,
tamén para monitorizar resultados
“Half the money I spend on advertising is wasted;
the trouble is I don’t know which half”
John Wanamaker (1838-1922)
OBRADOIRO DE NOTAS
quinta-feira, 20 de junho de 2013
34. 34
OBRADOIRO DE NOTAS DE PRENSA
Que podo facer coas miñas notas na rede?
quinta-feira, 20 de junho de 2013
35. 35
1. Cólgaas na túa web
- É o elemento central e imprescindible da comunicación en Internet
- Obxectivo principal: conseguir unha comunidade de usuarios/as fiel
- Non tes web nin cartos para facela? Fai un blog! (Blogaliza, Wordpress, etc.)
- Actualízao un mínimo de un par de veces á semana.
- Crea contidos e servizos útiles para os/as usuarios/as.
- Adáptao para que poidan ser posteados directamente en redes sociais.
- Mide os resultados con Google Analytics
OBRADOIRO DE NOTAS
quinta-feira, 20 de junho de 2013
36. 36
A presenza en redes sociais é fundamental hoxe en día, polo que ten de viral e
de atención directa ao usuario. É fantástica para mobilizar.
Publica as notas que subiches á web en Facebook (mellor en páxina que perfil)
e Twitter. Compárteas, move á xente.
Que facer nas redes sociais (community management):
‣ Escoitar/aprender: valiosa fonte de información
‣ Contar historias e compartir experiencias ao redor dos topics do noso SNL
‣ Conversar/dinamizar. Fomento da participación e do contido conversacional. Confianza,
proximidade.
‣ Apoiar outras causas xustas, ademais das propias.
‣ Evanxelizar, mobilizar e organizar os voluntarios e voluntarias (exs. 15M e Occupy Wall Street)
‣ Vixiar. Atención e control de posibles problemas. Responder sempre ás mensaxes de usuarios,
control de trolls.
‣ Controlar a reputación online.
OBRADOIRO DE NOTAS
2. Súbeas ás redes sociais
quinta-feira, 20 de junho de 2013
37. 37
A continuación examinamos unha por unha as canles onde cremos que
deberiamos estar presente e como o fariamos:
a) Facebook
É a raíña das redes sociais na actualidade (>800 millóns de usuarios/as).
‣ Páxina, non perfil
‣ Actualización. Nunca máis de dúas/tres actualizacións ao día e espaciadas no tempo. Non
conectar ao Twitter.
‣ Tipo de contido: visibilidade a accións da ONL: eventos, comunicacións, contidos interesantes do
blog, recomendacións, etc. Links que vaian á nosa web ou blog, pero tamén a outros lugares, para
facer comunidade. Só info de interese.
‣ Interactividade. Fomentar a participación e a conversa cos usuarios e usuarias.
‣ Integrar aos/ás usuarios/as nas túas accións.
‣ Medición de resultados: Facebook Insights.
‣ Publicidade: segmentación máxima por localización, gustos, intereses, situación académica/
persoal, etc.
OBRADOIRO DE NOTAS
quinta-feira, 20 de junho de 2013
38. 38
Con máis de 3 millóns de usuarios/as en España, é a mellor rede para os
profesionais, sobre todo da comunicación. É, polas súas características, a máis
viral e a que ten maior capacidade de influencia. Todos os líderes de opinión
están en Twitter. Claves:
‣ Influenciadores. Buscalos e conseguir que nos sigan. Fundamental. Twitter é o mellor lugar para
facer RRPP 2.0.
‣ Viral. Máis viral, inmediata e líquida que FB. Trending topic (úsase como mobilización)
‣ Seguidores. Rede non simétrica.
‣ Actualización: diaria, con 10 twitts de máximo ao día sobre os topics do SNL (nunca twitts
seguidos). Non conectar co FB, cada plataforma ten xeitos distintos de comunicar.
‣ Interactividade. É fundamental respostar en tempo ás conversas. É o canal onde mellor funciona
a atención ao cliente/usuario.
OBRADOIRO DE NOTAS
b) Twitter
quinta-feira, 20 de junho de 2013
39. 39
c) YouTube
>100 millóns de usuarios/as (45% entre 25-44 anos)
Rede social para compartir vídeos.
‣ Canal da túa ONL personalizado en Youtube, onde publicar de forma ordenada parte ou a
totalidade dos vídeos que vaiades producindo.
‣ Bo SEO (é de Google)
‣ Facilmente integrables na web
‣ Moi viral
‣ Alternativa: Vimeo (máis calidade, menos usuarios)
OBRADOIRO DE NOTAS
quinta-feira, 20 de junho de 2013
40. 40
d) Flickr
Rede social para compartir imaxes
‣ Facilmente integrables na web
‣ Interesante para medios como fonte de imaxes
‣ Conta Pro de pagamento: imaxes en alta definición sen límite
‣ Alternativa: Picasa
d) Outras
‣ Pinterest: maioría de mulleres (úsana moito as revistas de moda)
‣ Google Plus: + complexa que Facebook, maioría homes
‣ Foursqueare, Gowalla: xeolocalización
‣ LinkedIn: profesional
OBRADOIRO DE NOTAS
quinta-feira, 20 de junho de 2013
41. 41
3. Envía unha newsletter
- O mail non está morto (nin moito menos)
- Moi útil para comunicación interna: con socios/as, voluntarios/as, etc.
- Ideal: boletín semanal/quincenal de novidades + accións extraordinarias
- Email Marketing: grande uso por parte de marcas/organizacións. Ex. Amazon
- Vantaxes: rápido, económico, segmentación fácil, elevada taxa de resposta
- Coidado: LOPD (protección de datos), LSSI (spam)
- Deseño delicado (non abusar de imaxes, non vídeos, etc.)
- Listas de correo (yahoo e outros servidores)
- Envíos masivos: Mailchimp
OBRADOIRO DE NOTAS
quinta-feira, 20 de junho de 2013
42. 42
4. Avaliación de resultados
Xa enviamos a nota, publicámola na nosa web, nas redes sociais, no noso
boletín...
AGORA MIDAMOS OS RESULTADOS:
- Dossier de prensa (todas as noticias e medios onde se publicou)
- Que impacto tivo na nosa web (Google Analytics)
- Que impacto tivo en redes sociais: Facebook (Insights) e Twitter (retuiteos,
respostas...)
OBRADOIRO DE NOTAS
quinta-feira, 20 de junho de 2013